Actualidad
Buscador de noticias
Medio Rural promove o coñecemento dos alimentos galegos con calidade diferenciada a través da Credencial Gastro
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou en Vedra nesta iniciativa gastronómica, impulsada por profesionais da cociña e desenvolvida co apoio da Xunta de Galicia, a través do programa O Teu Xacobeo e da iniciativa Aquí Sabemos
María José Gómez pon en valor a importancia económica, social e ambiental do sector apícola na IX Feira do Mel de Baleira
A conselleira do Medio Rural salientou que a celebración permite comprobar a puxanza desta actividade na montaña lucense en particular e en Galicia en xeral e que contribúe, entre outras cousas, a promocionar a calidade do produto e a dinamizar a economía local
A Xunta estuda a biodiversidade oculta no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través de técnicas de ADN ambiental
Esta iniciativa busca incorporar unha ferramenta complementaria para detectar especies que quedan fóra dos inventarios convencionais polo seu tamaño, a súa distribución, o seu comportamento, as dificultades de mostraxe ou de identificación
Representantes de entidades europeas visitan Galicia para coñecer da man de profesionais da innovación e a práctica asistencial diferentes iniciativas do sistema público de saúde
Ao longo das dúas xornadas, os participantes coñeceron prácticas galegas relacionadas coa compra pública de innovación, a investigación biomédica, a transformación dixital e a incorporación de novas solucións tecnolóxicas á práctica
Rueda aborda con Microsoft España novas vías de colaboración en intelixencia artificial e tecnoloxía
O presidente da Xunta mantén un encontro co presidente de Microsoft España, Paco Salcedo, para analizar posibles ámbitos de colaboración en transformación dixital, intelixencia artificial e desenvolvemento tecnolóxico
Unha instalación artística inédita de Marta Pazos acollerá no Gaiás a exposición 'Ser Noutras. Diálogos coa colección do Museo Reina Sofía"
Pazos inspírase no imaxinario de Maruja Mallo para crear un gran ‘teatro visual’ que se erixe como o propio escenario no que transcorre a mostra