Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta trae a Vigo unha nova edición do Festival de Maxia Galicia ilusiona’ con artistas internacionais
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, presentou este mediodía a iniciativa que ofrece cinco funcións esta fin de semana na cidade
‘Nicasso’ chega ao Centro Galego de Arte Contemporánea para ofrecer unha mirada crítica sobre Picasso
A mostra, inaugurada hoxe, amosa a obra feita polo artista Carlos Pazos a partir de cerámica de Vallauris
A Xunta celebra o Día das escritoras cun encontro coa poeta Olga Novo na Biblioteca de Galicia
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salienta “a calidade extraordinaria das escritoras galegas, que están a construír unha literatura sólida, diversa e innovadora”
As xornadas `Cultura e tradición no Camiño´ continúan en Lugo con obradoiros artesanais e concertos ata o sábado
O último día haberá unha andaina, que partirá ás 12,00 horas da praza do Camiño Primitivo para facer un percorrido ata a Oficina de Turismo da Xunta, con acompañamento de música tradicional
López Campos anuncia que a Xunta rematará as obras de restauración da Casa de Don Álvaro a finais de ano
“Recuperamos para o concello, a súa veciñanza e a comarca do Deza un dos seus inmobles máis significativos e icónicos”, enxalza o representante do Goberno galego
A Xunta colabora co colectivo Egeria na segunda edición dos encontros ‘Lugopoética’, que se inauguran hoxe
O programa, que se desenvolve na sede da Uned, propón ata decembro seis citas nas que poetas lucenses conversarán e lerán anacos da súa obra
O ciclo de concertos ‘Xoán Montes ao piano’, organizado pola Xunta, percorrerá seis cidades e vilas galegas a partir deste sábado
A Delegación Terrritorial acolleu a presentación do programa, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro con actuacións gratuítas en Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Rianxo, Carballo e Pontevedra