Actualidade
Buscador de novas
Galicia pecha o 2024 sendo a 3ª comunidade con maior porcentaxe de caída do paro no último ano e con preto de 17.300 afiliacións máis á Seguridade Social
A cifra de persoas desempregadas en Galicia (118.838) supón o mellor decembro da serie histórica, cunha baixada tanto na evolución anual como na mensual (-8,24% e -2,39%) que supera en ambos casos a media estatal (-5,42% e -0,98% respectivamente)
A Xunta beneficiou máis de 30.000 familias do exterior en 2024 coas súas iniciativas sociais e a prol do retorno
O apoio ao emprendemento galego que regresa do exterior foi decisivo en 2024, con 150 beneficiarios procedentes de 30 países e un orzamento de 1,23 millóns de euros
A Xunta impulsa 17 proxectos de emprendemento empresarial no rural de Lugo, con infraestruturas e asesoramento na rede de viveiros industriais
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, visitou hoxe o viveiro industrial de Friol (Lugo)
A Xunta simplifica a habilitación dos libros de subcontratación na construción mediante a tramitación telemática
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se aproba o modelo de solicitude de habilitación destes libros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
A Xunta eleva ata case 33 M€ as axudas a centros especiais de emprego e empresas de inserción para apoiar a empregabilidade de máis de 5.000 persoas
O DOG publicou senllas ordes aumentando ata os case 31 millóns de euros as achegas para centros especiais de emprego (5,1 M€ máis) e ata máis de 1,8 millóns as de empresas de inserción (330.000 € máis) co obxecto de chegar a máis beneficiarios
Dous terzos dos concellos da nosa Comunidade contan con algunha iniciativa emprendedora liderada por galegos retornados co apoio da Xunta
Na última década, a liña de axudas ao retorno emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración apoiou cun investimento directo de 5,3 millóns de euros a posta en marcha de máis de 800 proxectos, ubicándose case a metade -o 48%- fóra das cidades