Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.945 novas da área temática Infraestruturas:

29/05/2025 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta sacará a licitación este mesmo ano as obras de rehabilitación integral do CEIP A Gándara, en Narón, por un importe estimado de 1,6 M€

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou esta mañá á dirección do centro do estado de tramitación do proxecto para o centro naronés que se atopa neste momento en supervisión

28/05/2025 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba definitivamente o Plan básico municipal de Alfoz para dotar o concello dun instrumento eficaz de ordenación do territorio

O plan, que clasifica dous ámbitos de solo urbano consolidado e un total de 118 núcleos rurais, constitúe un instrumento urbanístico que permitirá ao municipio lucense ofrecer capacidade de acollida residencial e económica

28/05/2025 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
28/05/2025 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo anuncia a licitación das obras de reforzo de firme na estrada AC-214 nos concellos de Cambre e Bergondo que conta cun orzamento de máis de 806.000 €

Esta actuación forma parte dun contrato máis amplo, de acondicionamento do firme nun total de 6 estradas autonómicas que pasan tamén polos municipios Abegondo, Betanzos, Carral, Cerceda, Curtis, Mesía, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado e Vilasantar cun investimento de máis de 3,3 millóns de euros

28/05/2025 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta supervisa o estado das obras da reforma e mellora da rúa en Fumaces, no concello de Riós

Manuel Pardo destacou que esta actuación é froito dun acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o concello, que supuxo un investimento total de máis de 237.000 euros, dos que o 70% foi unha achega do Goberno galego

27/05/2025 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a declaración do Barrio das Flores da Coruña como área de rehabilitación integral

Esta nova ARI ocupa unha superficie de 16 hectáreas e se sitúa a 300 metros ao leste da avenida de Alfonso Molina, estando todo o seu perímetro delimitado por dúas importantes vías de tráfico: a avenida de Monelos e a rolda de Camilo José Cela

25/05/2025 | 11:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana os traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas ao seu paso polas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra

Trátase de actuar nas estradas LU-122, ao seu paso polos concellos da Pastoriza, Riotorto, Mondoñedo e Lourenzá; na OU-402, en Ourense e Cortegada; e na PO-344, no seu percorrido polo concello pontevedrés de Tomiño

24/05/2025 | 13:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia o sector forestal-madeira con máis de 16 M€ para industrias forestais e o fomento do uso da madeira en construción

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, xunto co director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, clausura a Asemblea do Grupo Provincial de Rematantes e Serradoiros de Madeiras de Pontevedra

24/05/2025 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta arranca en Curtis a primeira quenda dos novos cursos de condución segura para motoristas, que chegarán a 1.280 persoas ata 2028

Entre maio e xuño celebraranse en Curtis, Pontevedra e Ourense os oito primeiros cursos, nos que participarán un total de 176 motoristas

24/05/2025 | 11:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 1 M€ en axudas a 55 concellos para 67 actuacións de corrección de impactos paisaxísticos en edificios e outros elementos patrimoniais municipais

Ángeles Vázquez salienta que estas achegas, que contan cunha elevada demanda, permitirán estender o fermosismo a máis localidades e vilas de Galicia