Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza a vixilancia dos recursos pesqueiros coa formación do primeiro curso de Garda Rural especializado en gardapesca marítimo
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou en Santiago de Compostela o alumnado desta iniciativa pioneira que busca dotar ás confrarías de profesionais cualificados para o control e a protección dos bancos marisqueiros
Gómez Caamaño participa en Santiago na Andaina solidaria en marcha contra o cancro e amósase orgulloso de que Galicia opte a integrar a rede europea de centros de excelencia fronte ao cancro
O conselleiro de Sanidade pon en valor o labor da Asociación Española contra o Cancro tanto no acompañamento aos pacientes e ás familias, como no impulso da prevención e a investigación
A Xunta destaca en Chantada o papel dos oficios artesanais na arquitectura contemporánea
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración das Xornadas ‘Oficio, arquitectura e territorio’ que se celebran ata o domingo co obxectivo de vincular arquitectura, territorio, técnicas artesanais e creación contemporánea
A Xunta destaca a importancia de estudar as novas realidades da exclusión social para poder afrontalas
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na V Convivencia Interuniversitaria e Profesional da Educación Social
A Xunta adxudica por preto de 4,8 M€ a senda peonil e ciclista ao longo de máis de 14km da estrada PO-325 entre Vigo e Nigrán
A Administración autonómica habilitará este itinerario ao longo da estrada PO-325, desde a contorna de Navia ata a entrada no núcleo urbano de Nigrán
Estabilizado o incendio forestal do concello de Calvos de Randín, parroquia de Randín
O lume iniciouse ás 13,36 horas do pasado xoves e segundo as últimas estimacións provisionais afecta 460 hectáreas
A Xunta adxudica por máis de 205.000 euros as obras de acondicionamento da canella Jorge Ferreiro e da praza da Eiriña, no concello de Xunqueira de Ambía
As actuacións que se acometerán buscan rexenerar e poñer en valor estes viarios, situados na contorna da Colexiata de Santa María a Real e no ámbito de protección do Camiño de Santiago
A Xunta incorpora dúas novas paradas de autobús para dar servizo á parroquia de Traba, en Laxe
As paradas de Mórdomo e Matío entrarán en funcionamento o mércores 30 de setembro na liña IES Maximino Romero de Lema-Ponteceso
O 061 de Galicia asistiu máis de 2.200 persoas por 1.745 accidentes de tráfico durante o verán
Desde as 15,00 horas do venres 26 de xuño ata as 23,59 horas do domingo 6 de setembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 2.237 chamadas por accidentes de tráfico