Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 169 novas da área temática Fondos europeos:

15/10/2025 | 13:55 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta avoga por un modelo de xestión compartida dos fondos europeos e o reforzo do papel dos entes territoriais

Galicia aposta por unha Política de Cohesión europea máis forte e moderna, onde as rexións teñan un papel fundamental

15/10/2025 | 12:44 | C. de Sanidade

O estudo de saúde da poboación xitana sinala que 6 de cada 10 persoas do colectivo perciben a súa saúde como boa ou moi boa

A Consellería de Sanidade ten en marcha un proxecto de promoción da saúde coa participación activa de mulleres xitanas, cofinanciado ata 2027 polo Fondo Social Europeo con máis de 1 M€

13/10/2025 | 15:36 | C. de Facenda e Administración Pública; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta vai reorientar parte dos fondos Feder para destinalos á reconstrución das zonas afectadas pola vaga de lumes

Asegura que se destinarán 30 M€ á restaurar infraestruturas públicas, substituír equipamento danado ou construír e mellorar as bases aéreas para a loita contra incendios

23/09/2025 | 18:07 | C. do Mar; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lidera o debate das comunidades sobre o futuro da Política de Cohesión

O Goberno galego aposta por unha xestión descentralizada destes fondos e pon en valor o traballo levado a cabo polas autonomías, ao mesmo tempo que advirte de que a centralización no reparto destes fondos suporía un acceso máis complexo

18/09/2025 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 8,5 M€ a case unha vintena de infraestruturas de carácter estratéxico das axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local

Ao abeiro desta medida, o Goberno galego financia actuacións en infraestruturas locais que trascenden o ámbito municipal e son fundamentais para a mellora dos servizos que prestan as entidades locais

09/09/2025 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anima ás empresas de Pontevedra a optar a Nexos, a maior convocatoria de axudas para proxectos colaborativos de I+D+i

Esta liña está dotada con 28M€ para impulsar iniciativas entre empresas e centros de coñecemento en ámbitos estratéxicos

03/09/2025 | 12:31 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca en Santander o papel das rexións na construción europea e a contribución de Galicia á cohesión da UE

Advirte do risco da centralización excesiva e chama a unha xestión plural dos fondos europeos para responder ás necesidades reais da cidadanía

16/08/2025 | 09:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financia a contratación de 102 investigadores predoutorais cunha achega de máis de 12 M€ ata 2029

A Consellería de Educación adxudica os contratos de 2025 para que 90 investigadores traballen nas universidades públicas (59 na USC, 17 na UVigo e 14 na UDC) e outros 12 o fagan en organismos públicos de investigación

31/07/2025 | 11:18 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta lembra que os programas europeos teñen carácter plurianual, polo que o ritmo de execución non pode ser analizado nun ano concreto

A Comunidade galega pechará a finais deste ano o programa 2014-2020 coa totalidade dos recursos executados