Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 691 novas da área temática Lingua:

30/10/2025 | 17:29 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García subliña a importancia da formación en normalización lingüística desde a educación superior

O secretario xeral da Lingua clausura na USC o curso ‘Microcredencial en mestres e mestras polo galego’, unha formación específica que ofrece por primeira vez a institución académica coa colaboración da Xunta de Galicia

30/10/2025 | 13:56 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta mantén a súa aposta por Culturgal nunha edición que bate récords con 225 actividades programadas

A Administración autonómica repite principal entidade financiadora do evento, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

30/10/2025 | 13:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos pon en valor “o traballo incansable de Ben-Cho-Shey na defensa da nosa lingua e cultura”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude asina o convenio co alcalde do Pereiro de Aguiar, Luis Menor, para a segunda fase da restauración da antiga vivenda do ilustre galeguista

29/10/2025 | 11:17 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta mantén o seu compromiso co impulso da lingua galega nos orzamentos de 2026 cun novo incremento de 1 M€ para accións de dinamización

López Campos destaca que a senda de crecemento iniciada neste exercicio manterase o vindeiro ano para poñer en marcha as medidas resultantes da renovación do Plan xeral de normalización da lingua galega

28/10/2025 | 19:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca a importancia do deporte no impulso da lingua “entre a mocidade”

O secretario xeral da Lingua e o delegado da Xunta en Lugo manteñen un encontro con entidades deportivas da provincia para abordar o fomento do galego neste eido

28/10/2025 | 15:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca o impulso “dos vencellos culturais coa lusofonía” do Festival aRi(T)mar

O secretario xeral da Lingua participa na presentación da gala na que se entregarán os premios deste proxecto que impulsa a música e poesía galego-portuguesas

23/10/2025 | 16:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon o Premio Literario San Clemente como exemplo de impulso da lectura entre o alumnado

O secretario xeral da Lingua e o director xeral de Centros e Recursos Humanos aplauden as obras galardoadas: ‘Pel de cordeiro’ de Ledicia Costas, ‘La península de las casas vacías’ de David Uclés e ‘Misericordia’ de Lidia Jorge

22/10/2025 | 19:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsa a creatividade galega e os vínculos coa lusofonía a través da ‘Mostra Galiza Coimbra’

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude apoia este encontro, organizado polos colectivos Cena Lusófona e A Escola da Noite

22/10/2025 | 11:59 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca o “valor para a lingua” do espistolario de Neira Vilas e Xesús Alonso Montero

O secretario xeral da Lingua participa na presentación do libro ‘Correspondencia 1965-2014’, publicado pola Editorial Galaxia, e que recolle as cartas entre ambos os dous autores escritas en galego

21/10/2025 | 15:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha unha nova edición do concurso ‘Nós tamén creamos’

O certame de curtas de animación en galego busca promover unha imaxe positiva e actual da lingua galega e favorecer o seu uso e aprendizaxe en novos formatos