Actualidade
Buscador de novas
Ángeles Vázquez advirte de que o Goberno central pretende limitar a duración de todas as concesións na costa co pretexto de que así llo exixe Bruxelas
A responsable autonómica aclara que a Comisión Europea pide a España maior transparencia na adxudicación dalgunhas concesións relacionadas coa directiva de servizos, pero non con outras como poden ser as do complexo mar-industria
Galicia e outras nove comunidades autónomas acordan crear un grupo de traballo para deseñar unha nova Lei de costas con rigor e coordinación
As rexións costeiras apostan por elaborar cunha normativa que aborde de xeito integrado a ordenación do litoral tendo en conta tanto os aspectos medioambientais como os económicos e os sociais
A Xunta destaca ante a Comisión Europea o grao de execución do Fondo Europeo de Pesca acadado por Galicia e o seu impacto no sector
Galicia supera os obxectivos de execución do Fempa e consolídase como a comunidade con maior volume de fondos asignados
Galicia insta ao Goberno central a ampliar o prazo da consulta pública previa de reforma do Regulamento Xeral de Costas e a detallar claramente o seu fin
Ángeles Vázquez advirte de que se repite a mesma situación ca en 2018 e en 2024, cando o Executivo central intentou modificar a normativa para restrinxir os usos no litoral e tivo que ser freado polo Tribunal Supremo e polas comunidades autónomas
A Xunta avaliará no Observatorio da Eólica Mariña as achegas que vai facer Galicia á consulta pública aberta polo Goberno
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, presidiu hoxe unha nova reunión deste organismo, do que forman parte representantes do sector industrial e pesqueiro
A Xunta alerta dun novo intento do Goberno central de reformar o regulamento de Costas pola porta de atrás para restrinxir usos no litoral
Ángeles Vázquez advirte de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico iniciou hai uns días unha consulta pública previa vía web para modificar a norma sen previo aviso nin consulta ás comunidades autónomas e sectores afectados, o mesmo xeito de proceder que nos intentos frustrados de 2018 e 2024
A Xunta mantén unha reunión de traballo co xerente do GALP Costa da Morte na que animou aos posibles beneficiarios a solicitar as axudas abertas ata o 16 de marzo
O ámbito territorial deste GALP abrangue os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo
Ángeles Vázquez anima os propietarios dos chiringuitos a solicitar as axudas da Xunta para a súa integración paisaxística na contorna
Os donos destes establecementos teñen ata o 3 de marzo para solicitar estes apoios que buscan promover prácticas sostibles nestes establecementos favorecendo a transición cara a unhas instalacións máis eficientes e accesibles
A Xunta e o concello de Ribeira abordan as melloras nas instalacións portuarias, na formación e na posta en valor do patrimonio mariñeiro
A reunión serviu para analizar actuacións nos portos de Ribeira e Aguiño, impulsar novas accións formativas para o sector e afondar na colaboración institucional para apoiar a actividade pesqueira e marisqueira do municipio
A Xunta eleva mañá a vermella a alerta por temporal costeiro no litoral da Coruña e de Pontevedra
Mantense a alerta laranxa na Mariña de Lugo