Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por máis de 2,5 M€ a dotación de equipamento electromédico e mobiliario clínico da fase I do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol
Licítanse desfibriladores, ecógrafos, electrocardiógrafos de 12 canais, monitores de constantes vitais ou sistemas automáticos de dispensa de medicamentos, entre outros
A Xunta renova o cadro docente coa incorporación de 1.012 novos funcionarios cunha idade media de 32 anos
Un total de 401 mestres de Infantil e Primaria, 573 profesores de Secundaria e 38 de sectores singulares da FP incorporáronse este martes a centros de 194 concellos
A Xunta destina máis de 438.200€ a 405 novas axudas para facilitar a incorporación ao mercado laboral de novos profesionais do transporte
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das subvencións outorgadas desde finais de febreiro a comezos de maio para cubrir os gastos de obtención do certificado de aptitude profesional e dos permisos de condución das clases C e D
Villaverde aborda con Socomgal a situación das infraestruturas portuarias en Moaña
A conselleira do Mar e a presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, revisaron tamén a situación das instalacións que emprega a cooperativa de mexilloeiros
Medio Rural detecta un caso de lingua azul do serotipo 3 nunha explotación bovina de Pontevedra
É o primeiro animal confirmado desta doenza en Pontevedra no 2026, sendo esta a terceira provincia galega na que se detecta a circulación do virus, logo da notificación de casos na Coruña e Lugo nos meses de xullo e agosto