Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.666 novas da área temática Mar:

15/11/2024 | 20:33 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

A Xunta apoia a Festa da Xuventude de Meira, que se celebra mañá con música, xogos, sorteos e unha comida popular

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o recinto festivo contará cunha das foodtrucks da campaña da Consellería do Mar para promocionar os peixes e mariscos galegos                                                      

15/11/2024 | 13:05 | C. do Mar

Villares destaca a innovación e a investigación como elementos estratéxicos para a explotación sostible dos recursos marítimo-pesqueiros

Sinala a extracción de algas como exemplo do esforzo do sector pesqueiro galego para diversificar a súa produción, ampliando a súa oferta de produtos e poñendo en valor a variedade e riqueza dos alimentos que ofrecen as rías galegas

14/11/2024 | 19:44 | C. do Mar

Villares destaca que Galicia traballa da man do sector da pesca para defender os seus intereses e garantir a soberanía alimentaria

Confirma que o reto do Goberno autonómico seguirá a ser que a Comisión Europea cree as condicións necesarias para que a actividade marítimo-pesqueira sexa sostible e competitiva

14/11/2024 | 14:38 | C. do Mar

Villares traslada a Costas Kadis a vontade do Goberno galego de traballar conxuntamente na Política Pesqueira Común

O titular de Mar agradeceu ao chipriota a súa predisposición a visitar Galicia unha vez que remate o proceso de confirmación no Parlamento europeo

13/11/2024 | 18:51 | C. do Mar

Galicia reclama unha avaliación do stock do xurelo e a xarda específica para as subzonas 9A e 8C e denuncia que o modelo actual prexudica á frota galega

O Goberno galego sinala que, ao igual que acontece co xurelo, o estado da poboación desta especie non debería ser analizada en zonas CIEM tan amplas, afectadas pola sobreexplotación de países do norte de Europa

13/11/2024 | 14:29 | C. do Mar

Ana Ortiz destaca o proxecto 'Labmar' como “iniciativa módelica” para a protección do ecosistema do parque nacional das Illas Atlánticas

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este mércores na presentación da iniciativa de Fundamar, Amicos e Federación Nacional de Cofradías de Pesca para impulsar a economía azul e reducir a contaminación mariña

12/11/2024 | 20:34 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Mar

Villares sinala que a Estratexia da Economía Azul de Galicia persegue valorizar o patrimonio e o turismo asociados ao sector da pesca

Melleres adianta que esta comarca será un destino protagonista na nova Estratexia de Turismo de Galicia 2030 que a Xunta está a desenvolver para acadar unha proposta auténtica, sostible e diferenciadora doutras zonas no conxunto de España