Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo supervisa a posta a punto dos albergues xuvenís de Virxe do Loreto e Espiñeira ante o inicio da campaña de verán o 1 de xullo, que ofertarán 1.218 prazas
A delegada lembrou que estas actividades forman parte da campaña Modo Verán Activo, que alcanza este ano na comarca do Barbanza 1.288 prazas entre campamentos, minicampamentos "Coñece Galicia”, campos de voluntariado, e uso de instalacións por entidades xuvenís e actividades de ocio alternativo
A Xunta aproba o Plan director da industria TIC co obxectivo de consolidar Galicia como referente europeo en dixitalización
Rueda resalta que o Goberno galego destinará “case 62 millóns de euros ata o 2028” en axudas ao sector para “mellorar a competitividade e xerar emprego de calidade”
A Xunta e a fundación Repsol impulsan a creación literaria en galego co XX Premio Narrativa Breve
O representante da Consellería de Cultura enxalza a “relevante contribución” do certame á promoción de autores e da lectura na nosa lingua
Rueda anuncia a aprobación do anteproxecto de Lei de educación dixital, unha norma pioneira en España que consolidará o modelo galego de ensino híbrido
Explica que o Consello deu luz verde esta mañá a esta normativa inédita a nivel estatal, que busca “consolidar o modelo galego de ensino híbrido” e afrontar con seguridade os retos da transformación dixital e blindar a calidade e a igualdade cun ensino máis personalizado
A Xunta licita os sete primeiros contratos para a redacción dos proxectos de urbanización de solo para vivenda, fundamentalmente protexida
O titular do Executivo galego destaca que o importe de licitación deste contrato supera os 6,36 M€
Rueda anuncia que a Xunta inicia a preparación dos orzamentos de 2027 co obxectivo de que entren en vigor o vindeiro 1 de xaneiro
Lamenta que mentres Galicia traballa xa nas terceiras contas da lexislatura, España siga coas de 2023, “cando os orzamentos son unha ferramenta básica para gobernar”
A Xunta considera insuficiente a reforma do financiamento da dependencia e reclama ao Goberno central o abono dos 3.000 M€ de débeda acumulada
Denuncia a “falta de garantías” da modificación impulsada polo Executivo central e reclama que se regule na lei de dependencia a estabilidade do sistema, financiando o 50% do custo real da dependencia, como xa asinou co País Vasco
A Xunta impulsa a traxectoria de dez escritores emerxentes coa Residencia Literaria do Gaiás
A Cidade da Cultura dá a benvida aos autores e autoras noveis que comezan hoxe a súa andaina na sexta edición da iniciativa