Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.518 novas da área temática Emprego:

18/03/2025 | 16:50 | A Presidencia da Xunta

Belén do Campo avalía cos directores territoriais as ordes de axudas da Xunta abertas e destaca a importancia de dalas a coñecer

A delegada da Xunta presidiu a Comisión Territorial de Coordinación da Delegación da Coruña

17/03/2025 | 15:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsará unha norma de microcredenciais pioneira en España para potenciar a capacitación laboral aliñada coas necesidades do tecido produtivo

Destaca que ante o inmobilismo do Goberno central fronte ás recomendacións europeas neste ámbito, Galicia considera estratéxico blindar un modelo formativo áxil, flexible e non regrado que responda aos requirimentos das empresas

17/03/2025 | 12:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo pon en valor na Laracha os cursos de formación para desempregados que a Xunta financia con case 625.000 euros

A representante do Goberno autonómico comprobou o funcionamento do cursos de Accións Formativas para o Emprego e do Plan Integrado de Emprego

16/03/2025 | 10:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que está aberto o prazo de solicitudes para a dinamización e rehabilitación das prazas e mercados

A orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración dotada 3,3M€ oriéntase a ampliar a rede de Mercados Excelentes

15/03/2025 | 20:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reafirma o compromiso coa comunidade galega afincada en Suíza e destaca a súa contribución na promoción da nosa cultura en Europa

José González expresou o seu recoñecemento ao traballo desta asociación referente da galeguidade, que conta cun grupo propio de gaita e baile, ademais de ser unha das entidades promotoras do Camiño de Santiago no país helvético

15/03/2025 | 11:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta súmase á conmemoración do Día Mundial dos dereitos dos consumidores con puntos informativos para a cidadanía nas sete grandes cidades

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia achegará as ferramentas que a administración autonómica pon ao dispor das persoas para asesorar, acompañar e axudar a restituír os seus dereitos neste ámbito

14/03/2025 | 17:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel da Feira de Oportunidades da Estrada como exemplo de dinamización do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde na inauguración da 13ª Feira de Oportunidades do Comercio e a 69ª Feira de Antigüidades e Artesanía do municipio pontevdrés

14/03/2025 | 11:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mantén aberta a convocatoria do Galicia Emprega con preto de 20 M€ para impulsar a contratación de colectivos prioritarios

O programa está orientado a impulsar a contratación de mulleres, persoas mozas, paradas de longa duración, retornadas, estranxeiras, con discapacidade, en risco de exclusión e maiores de 52 anos 

14/03/2025 | 11:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
13/03/2025 | 21:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza en Madrid o talento e a innovación empresarial galega na entrega do XVIII Premio Victoriano Reinoso

José González recoñeceu o labor do presidente executivo de Redegal, Jorge Vázquez, premiado este ano, e destacou a contribución da empresa ourensá a situar a nosa Comunidade na vangarda dixital e tecnolóxica