Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.343 novas da área temática Igualdade:

20/03/2024 | 16:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo as medidas formativas e de responsabilidade social empresarial da Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou esta tarde en Lugo na xornada ‘Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: emprego en igualdade’ organizada no marco do campus formativo da Xunta de igualdade laboral

20/03/2024 | 14:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo compromete traballo inxente contra a violencia de xénero na entrega dos IV Premios Valedora do Pobo en materia de igualdade e dereitos das mulleres

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, tivo unha lembranza na súa intervención para Andrea, última vítima da violencia machista, sinalando que o Goberno galego non cesará no seu empeño ata erradicar esta lacra

20/03/2024 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/03/2024 | 12:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo os máis de 60 proxectos atendidos no Polo de emprendemento de Mondoñedo dos que un 56% están impulsados por mulleres

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou no evento ‘Como ter un Google Business Profile excelente’ organizado desde o Polo mindoniense

19/03/2024 | 17:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A secretaria xeral da Igualdade participa no curso ‘Muller e saúde’ programado polo CIM de Ortigueira

Trátase da última das iniciativas promovidas desde este Centro de Información á Muller -que forma parte da Rede de 84 CIM espallados por toda Galicia- polo Día da Muller

14/03/2024 | 18:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove o emprendemento feminino con recursos e axudas á conciliación e a iniciativas empresariais do rural

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe en Cambados no II ‘Foro O Salnés Emprende con M’, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) da comarca do Salnés

14/03/2024 | 15:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta reforzará con 3, 6 M€ a Rede galega de acollemento a vítimas da violencia de xénero, que contará cun novo centro para atender mulleres con adiccións

Salienta que, deste xeito, se multiplica por catro a partida dirixida a mellorar e ampliar esta este rede pública de vivendas seguras

13/03/2024 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reparte nos Polos Creativos un ‘kit’ con materiais específicos para poñer en valor figuras históricas femininas co gallo do 8-M

Esta nova dotación enmárcase nas expansión que o Goberno galego está a facer dos Polos Creativos ao 100% dos centros galegos de Educación Infantil, Primaria e ESO