Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García lembra que as familias galegas poderán solicitar desde o 9 de setembro o Bono Concilia Familia da Xunta, con axudas de ata 500 euros
O Executivo galego destina 2,6 millóns de euros a este programa para axudar a costear os gastos derivados da atencións aos pequenos en períodos non lectivos
A Xunta inicia as obras da senda na AC-862 que conectará o núcleo urbano de Ortigueira co aparcadoiro do Festival Internacional do Mundo Celta, cun investimento de 400.000 €
Trátase dun itinerario de medio quilómetro, cuxas obras teñen un prazo de 6 meses, polo que “a principios do vindeiro ano estará ao servizo da veciñanza”, segundo concretou a conselleira
A Xunta convoca unha nova edición de Xogade para promover o deporte e os hábitos saudables entre a poboación escolar
O programa mantén 16 modalidades deportivas na actividade escolar e contará con 37 federacións adheridas
A Xunta avanza na posta en marcha do Sistema voluntario de créditos de carbono coa adxudicación do contrato da súa plataforma tecnolóxica
A previsión é que estea operativa este ano convertendo Galicia na primeira comunidade en contar cun mercado destas características que se apoia en tecnoloxías avanzadas para garantir a seguridade, a trazabilidade e o seguimento das operacións
A Xunta inviste máis de 500.000€ nas obras de restauración da igrexa de San Salvador de Vilaza, no concello de Monterrei
Manuel Pardo explicou que as actuacións levadas a cabo pretenden resolver os problemas de estabilidade na torre e outras cuestións relacionadas co aspecto e conservación nas fábricas de pedra
Gómez Caamaño destaca a mellora da UCI pediátrica do Lucus Augusti como unha nova mostra do compromiso do hospital coa saúde da infancia e o aumento da capacidade asistencial
Explica que a actuación realizada, na que a Xunta investiu máis de 150.000 euros, supón un cambio moi importante na organización e na calidade da atención da área de pediatría do hospital
Os centros de ensino públicos galegos contarán cun novo modelo de web corporativo máis sinxelo e funcional para toda a comunidade educativa
Román Rodríguez subliña que o obxectivo desta actualización é ofrecer un mellor servizo con “información máis clara e fácil de localizar”, ao tempo que se favorece a eficiencia e a redución da burocracia nos propios centros
Galicia rexistra o mellor agosto en afiliacións con 1.134.483 cotizantes e iguala o mínimo de paro para ese mes acadado hai un ano con 109.691 persoas
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración valorou hoxe os últimos datos de desemprego e afiliacións á Seguridade Social e destacou que a cifra de cotizantes é a segunda mellor rexistrada nunca, só por detrás do máximo absoluto logrado en xullo