Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.344 novas da área temática Deporte:

03/04/2024 | 18:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anuncia a posta en marcha da Liga Galega de Hip-Hop na presentación do ‘Move It Vigo’ que reunirá no IFEVI a 1.200 bailaríns

Aposta pola compatibilidade de usos dos recintos feirais como vén facendo a Xunta no recinto feiral de Expourense coa mellor pista de atletismo cuberta de España; no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo cun dos mellores rocódromos de todo o país; ou no propio IFEVI coa instalación do módulo de atletismo cuberto

02/04/2024 | 17:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca o deporte como o principal motor da saúde e a felicidade dos nenos na presentación do torneo internacional de fútbol base Congalsa

Destaca o carácter benéfico do torneo que, grazas ao traballo de Julio Mariño, doará o importe recadado á Fundación Aladina que dende 2005 traballa co obxectivo de axudar aos nenos e adolescentes con cancro e as súas familias

30/03/2024 | 17:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o valor inclusivo do Camiño de Santiago e a importancia de dar visibilidade ao deporte adaptado

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, recibiu os participantes da cuarta edición de ‘Enki no Camiño’, que o Goberno galego apoia para que as persoas con discapacidade poidan peregrinar a Santiago de Compostela en bicicleta con material adaptado

25/03/2024 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O deporte galego de alto nivel segue batendo récords e chega xa aos 1.173 deportistas recoñecidos

As dez federacións deportivas con máis deportistas recoñecidos son piragüismo (172), fútbol (82), salvamento e socorrismo (80), taekwondo (80), atletismo (82), patinaxe (55), vela (55), remo (53), halterofilia (33) e tríatlon e péntatlon moderno (32)

23/03/2024 | 23:02 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
21/03/2024 | 15:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca a puxanza galega do hóckey patíns con novos éxitos como os das rapazas do Raxoi que veñen de proclamarse subcampioas da Copa Princesa

Enxalza ao equipo feminino que ademais está a facer unha excelente tempada na segunda máxima categoría do hóckey patíns feminino ocupando a segunda posición que suporía o seu ascenso á OK Liga Feminina

19/03/2024 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete enxalza a tecnificación deportiva galega que vén de levar a dúas rapazas do NADE de surf ao mundial de El Salvador

Cristina del Llano, pertencente a "La vieja escuela by After surf" da Coruña, acudirá ao Mundial como titular e Daniela Alonso do club Dacss de Nigrán (Pontevedra), farao como suplente

17/03/2024 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas