Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.204 novas da área temática Medio ambiente:

16/01/2025 | 13:08 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
15/01/2025 | 12:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta desenvolverá un programa de vixilancia específico sobre a xestión de residuos industriais para reducir a súa xeración e optimizar o seu tratamento

Ángeles Vázquez salienta que o 82% das 8.000 inspeccións realizadas no período 2019-2024 estiveron relacionadas co ámbito dos residuos

14/01/2025 | 15:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a profesionalización do sector para optimizar a xestión dos recursos hídricos en Galicia

Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a cursos e xornadas tanto presenciais como telemáticos e con contidos teóricos e prácticos

14/01/2025 | 14:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o compromiso ambiental do concello de Mos co desenvolvemento do Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable

Paula Uría salienta que estes plans son follas de ruta fundamentais de cara a mellorar a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovables, aumentar a resiliencia e reducir as emisións de CO2

14/01/2025 | 13:54 | C. do Mar

O Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia mellora a súa rede de estacións océano-meteorolóxicas cunha nova plataforma de observación na Ponte de Rande

A nova infraestrutura permitirá incorporar sensores e solucións tecnolóxicas desenvolvidos no marco do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia polo IEO-CSIC, IIM-CSIC e a Universidade de Vigo

13/01/2025 | 19:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta salienta que o censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar o catálogo de bens culturais costeiros e a rede de establecementos turísticos previstos na Lei do litoral

Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para abordar a creación destes dous novos instrumentos

13/01/2025 | 17:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca a importancia de seguir traballando da man de Portugal no impulso da reserva de biosfera Gerês-Xurés

Trátase do único espazo transfronteirizo deste tipo declarado na comunidade galega e abrangue unha superficie de máis de 330.000 hectáreas a ambos lados da fronteira

13/01/2025 | 14:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste máis de 22.000 euros na recuperación do forno da Forxa no municipio de Porqueira

Manuel Pardo destacou que a Xunta concedeu máis de 1 millón de euros a axudas para recuperar, preservar e mellorar a biodiversidade da rede Natura 2000 na provincia de Ourense

13/01/2025 | 14:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de 1,1 km do río Miñor ao seu paso por Gondomar

As tarefas encargadas por Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de dúas semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa da canle fluvial

13/01/2025 | 14:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo anima aos alumnos de secundaria a participar no concurso #ParqueVibras creando vídeos para redes sociais inspirados nos 6 parques naturais de Galicia

A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar ás novas xeracións sobre a riqueza natural e a biodiversidade galegas