Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.098 novas da área temática Vivenda:

06/02/2024 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia prepara o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei estatal de vivenda coa petición dun informe ao Consello Consultivo

A Xunta recorrerá á vía xudicial se o Goberno central non dá resposta nesta semana ás propostas remitidas nos últimos días polo Observatorio da Vivenda de Galicia para modificar a normativa e evitar conflitos de competencias coas autonomías

25/01/2024 | 14:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia o procedemento para adxudicar cinco vivendas protexidas de promoción privada na cidade de Ourense

O sorteo será entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes, que deberán solicitar a inclusión no procedemento no prazo de 15 días hábiles

24/01/2024 | 13:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez visita o inmoble adquirido polo concello de Oza-Cesuras que se destinará a vivendas de promoción pública tras a súa rehabilitación

Pon en valor o compromiso do municipio coa recuperación do xa construído, que é fundamental para a veciñanza, xa que vai vivir en contornas máis amables e con mellores servizos, e para a imaxe de Galicia

18/01/2024 | 16:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia recibirá 25,2 M€ no novo reparto territorial de fondos europeos para as axudas de vivenda e esixe un esforzo extra ao Goberno central

Ángeles Vázquez xustifica a súa solicitude en que a Xunta “fixo os deberes” e cumpriu “con creces” os obxectivos marcados polo Ministerio en canto ao número de vivendas, con máis de 10.000 beneficiadas nas dúas convocatorias anteriores

15/01/2024 | 13:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas de ata 3.000 € a particulares e de ata 40.000 € a concellos para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos municipais

O DOG publica hoxe a cuarta convocatoria das ordes de axudas para reducir o impacto paisaxístico en vivendas privadas, edificios e outras construcións municipais conta cun orzamento inicial de 2 M€

15/01/2024 | 13:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas ao alugueiro, cun orzamento de 20 M€

A axuda pode cubrir ata o 60% da renda mensual no caso de determinados colectivos con especiais dificultades para acceder a un fogar
 

09/01/2024 | 16:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica o contrato de redacción do proxecto de obra para construír 20 vivendas de promoción pública en Mos

O trámite, publicado na plataforma de contratos de Galicia, supón un investimento de preto de 160.000 euros

04/01/2024 | 15:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 425.000 € a redacción dos proxectos e a dirección das obras para construír 66 vivendas de promoción pública en Ourense

As VPP edificaranse en 3 parcelas adquiridas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo á Sareb na capital ourensá, cun investimento total previsto que superará os 12 M€

03/01/2024 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Trenor informa aos representantes das familias numerosas que as axudas ao alugueiro convocaranse por 20 M€ e poderán solicitarse a partir do 15 de xaneiro

O delegado trasladoulles que a convocatoria para 2024 conta cun orzamento anual de 10 M€ para este ano e doutros 10 M€ para 2025