Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.327 novas da área temática Administración pública:

07/09/2024 | 12:08 | A Presidencia da Xunta

Rueda e a alcaldesa de Teo acordan impulsar a construción dun centro de día e vivenda pública no concello

O Goberno local e o autonómico levan meses traballando xuntos na busca da mellor localización para que a posta en marcha deste centro sexa unha realidade o antes posible

06/09/2024 | 16:52 | C. de Facenda e Administración Pública

O GaiásTech consolídase como centro de referencia das tecnoloxías innovadoras e escaparate para empresas TIC

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visita hoxe as instalacións, que promoven a creación dun vínculo entre a tecnoloxía e as persoas

05/09/2024 | 17:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta salienta a boa xestión, a legalidade, a eficacia e a eficiencia como principios que rexen o servizo público á cidadanía

A interventora Xeral de Galicia, Almudena Chacón, puxo hoxe en valor en sede parlamentaria o interese do Goberno galego nos orzamentos da sanidade pública

04/09/2024 | 16:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e o Concello da Guarda avanzan na súa colaboración para impulsar o emprego e o emprendemento neste municipio pontevedrés

No encontro tamén participou o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández e tratáronse cuestións como o obradoiro de emprego que se lle adxudicou na convocatoria deste ano relacionado con operacións de urbanización e albanelería

04/09/2024 | 13:52 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca o 25ºaniversario do Diario de Ferrol como un síntoma de madureza da democracia e da sociedade galega

Gómez Caamaño salienta o traballo realizado polos profesionais do xornal para achegar a actualidade das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, durante o último cuarto de século                                                                     

04/09/2024 | 11:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o apoio aos municipios turísticos na época estival para garantir a prestación de servizos

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou a importancia das axudas de 145.000 euros a 11 concellos cun incremento elevado de poboación no verán destinadas á contratación de auxiliares de Policía Local

04/09/2024 | 11:03 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta incentiva vocacións tecnolóxicas entre as nenas e impulsa a tecnoloxía no rural

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participa en Guitiriz nunha das xornadas da iniciativa Girl STEAM que teñen lugar nas aulas CeMIT de Galicia

03/09/2024 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberta a convocatoria de axudas para participar en Bruxelas na nova edición presencial do curso ‘Teceuropa’

O obxectivo é á formación do persoal das entidades galegas interesadas en coñecer o financiamento comunitario

03/09/2024 | 10:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca 22 prazas para a categoría de oficial dos corpos de Policía Local de sete concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases do proceso selectivo, que inclúe promoción interna e provisión por mobilidade

02/09/2024 | 17:10 | C. de Política Social e Igualdade

O Padroado da Funga nomea a Eloína Injerto como nova directora xerente

Traballadora social de profesión, ocupou postos de dirección en diferentes entidades sociais