Actualidade
Buscador de novas
As axudas para que entidades sociais apoien e asesoren a mulleres vulnerables superarán o millón de euros tras o aumento no orzamento publicado no DOG
Avalará iniciativas a desenvolver entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024
A campaña Agresión off da Xunta chega mañá a Marín para sensibilizar á mocidade contra a violencia sexual
A iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para formar e informar contra a violencia sexual remata mañá na localidade pontevedresa tras percorrer unha vintena de concellos pertecentes á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero
A Xunta inicia o programa ‘Lideramos’ con 150 participantes en toda Galicia para impulsar o talento feminino e a formación en xestión de equipos
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Pontevedra no arranque deste programa, no marco do que se organizarán obradoiros e clases maxistrais, así como sesións de networking ou titorizacións individualizadas
O Sergas presenta ás organizacións sindicais o informe de avaliación de riscos psicosociais e o protocolo de actuación ante violencias e acoso sexual e de xénero
O informe de avaliación de riscos psicosociais presentouse na xuntanza da Comisión Central de Seguridade e Saúde, culminando un proceso que comezou en novembro de 2022
Últimos días para que mulleres das provincias de Lugo e Ourense se inscriban no programa ‘Lideramos’ co que a Xunta impulsa a formación en xestión de equipos
Un cento de mulleres das catro provincias poderán participar en obradoiros e clases maxistrais, en sesións de networking e formación presencial
A Xunta celebra o 6º Encontro de mulleres emprendedoras apoiadas polo programa que distribuíu desde o 2009 máis de 23 M€ entre máis de 1.800 axudas
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou en Santiago no acto no que -ademais de formación- houbo espazo para que as emprendedoras compartisen experiencias e para que mostrasen os seus produtos
Rivo pon en valor o labor da enxeñeira industrial Concepción Paz Penín, distinguida co 17º premio María Josefa Wonenburger para mulleres científicas
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presidiu hoxe o acto de entrega do recoñecemento, outorgado pola Unidade Muller e Ciencia da Xunta
A Xunta celebra a semana que vén o 5º encontro de mulleres emprendedoras apoiadas polo programa que distribuíu este ano máis de 4,8 M€ entre 362 iniciativas
Terá lugar o próximo venres 22 de decembro na Escola Galega de Administración Pública, onde ademais de formación -presencial e telemática- haberá espazo para que as emprendedoras compartan experiencias e para que mostren os seus produtos