Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por 3,8 M€ a rehabilitación de 17 vivendas para alugueiro social en Mondoñedo, Viveiro, Ourense e Ribadavia
Os inmobles foron adquiridos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do Programa Rexurbe e están emprazados nos conxuntos históricos destes concellos
Rueda anuncia que a Xunta licita a construción ou rehabilitación de 231 vivendas públicas para alugueiro social en sete municipios por preto de 50 M€
O presidente salienta que todos estes inmobles se van destinar “ao alugueiro social”
A Xunta licita por 3,3 M€ as obras de rehabilitación e construción de 13 vivendas para alugueiro social en Ferrol Vello
O contrato, que sae a concurso hoxe na plataforma de contratos de Galicia, suporá a rehabilitación de cinco edificios e a construción doutro novo para dispoñer dun total de 13 vivendas, 11 rochos e un local
A Xunta inviste preto de 700.000 euros no mantemento dun inmoble de vivendas de promoción pública da rúa Ribeira Sacra da Coruña
O Instituto Galego da Vivenda e Solo licitou as obras para substituír a cuberta e realizar outras actuacións coas que corrixir as humidades do edificio
A Xunta salienta o papel do Plan Hurbe na humanización e desenvolvemento dos núcleos rurais de concellos como Outeiro de Rei
Ángeles Vázquez lembra que este programa, que permitiu financiar máis de 420 proxectos desde 2010 por importe de preto de 170 M€, conta cun orzamento para o vindeiro ano de 8 millóns de euros
A Xunta investirá case 200.000 € no mantemento do inmoble de vivendas de promoción pública da rúa Teixugueiras 15-17, en Vigo
O Instituto Galego da Vivenda e Solo licitou as obras para reparar as xuntas de selado entre paneis da fachada e o illamento da carpintería das fiestras que estea deteriorado
A Xunta asina os convenios para construír co apoio de fondos europeos 306 vivendas en Xuxán, na Coruña
Un dos acordos supón materializar a axuda concedida polo Executivo galego ao Concello para que constrúa 50 vivendas e outro é para que dúas cooperativas levanten 256 vivendas
A Xunta asina o convenio para construír co apoio de fondos europeos 27 vivendas en Esturáns, en Vigo
O acordo supón materializar a axuda de preto de 1,2 millóns de euros concedida polo Executivo galego ao Concello para que constrúa un inmoble cun investimento total de case 4,5 millóns de euros