Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.029 novas da C. de Economía e Industria:

11/02/2023 | 11:27 | C. de Economía e Industria

Galicia promove procesos produtivos e consumos máis eficientes entre pemes e autónomos a través do programa de economía circular

Ata o 28 de febreiro poden presentarse solicitudes á convocatoria de axudas da Xunta por 1,5 millóns de euros para favorecer a optimización de recursos, a redución no consumo de materias primas e o aproveitamento dos residuos

11/02/2023 | 11:06 | C. de Economía e Industria

Galicia celebra a próxima semana unha xornada monográfica sobre o Polo Aeroespacial e o V Congreso Internacional Aeronáutico

Organizados pola Administración autonómica e o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG), os eventos celebraranse o luns e o martes no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (Castro de Rei)

10/02/2023 | 15:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima a estudantes de Secundaria de Lugo a aproveitar as oportunidades profesionais que ofrece o ecosistema galego de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, impartiu unha charla a alumnos e alumnas de 4º da ESO do Colexio Marista de Lugo con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

10/02/2023 | 13:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a aposta do comercio compostelán pola modernización e a dixitalización

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe os establecementos Vide, Vide! e Cultura Urbana, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por máis de 112.000€ en 25 negocios da cidade
 

10/02/2023 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vigo as condicións favorables coas que conta Galicia para ser unha rexión de referencia internacional en hidróxeno verde

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou hoxe en Vigo na inauguración da III Xornada sobre hidróxeno renovable en Galicia

10/02/2023 | 11:49 | C. de Economía e Industria

Conde destaca nas Somozas que tres dos catro proxectos industriais estratéxicos declarados en Galicia ata este momento son de Ferrolterra

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá nun networking

09/02/2023 | 14:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a posición estratéxica do sector aeroespacial galego e convida ás empresas a sumar capacidades

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe en Rozas (Castro de Rei) nunha xornada para dar a coñecer ás empresas e centros de coñecemento galegos a liña de apoios do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) para proxectos de I+D+i no sector aeronáutico

09/02/2023 | 14:36 | C. de Economía e Industria

Conde destaca a oportunidade que ten Galicia de impulsar a tecnoloxía como aliada da sustentabilidade

Salienta que o reto do tecido empresarial está en innovar en todo o que teña que ver coa eficiencia enerxética, a descarbonización, a economía circular e a optimización de procesos a través da dixitalización

09/02/2023 | 14:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a transformación dixital e sustentable dos comercios ourensáns

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe na cidade de Ourense os establecementos Turini Sport e Calzados Tilve, que participaron no programa de axudas para a modernización e a dixitalización co que o ano pasado se mobilizaron investimentos por máis de 630.000 € en 64 negocios da provincia

09/02/2023 | 14:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 3M € á renovación dos electrodomésticos de 20.000 fogares galegos

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá en Foz as instalacións de Belián Norte, un dos 434 establecementos que xa están adheridos á nova convocatoria do programa Galicia Renova Electrodomésticos