Actualidade
Buscador de novas
Galicia promove procesos produtivos e consumos máis eficientes entre pemes e autónomos a través do programa de economía circular
Ata o 28 de febreiro poden presentarse solicitudes á convocatoria de axudas da Xunta por 1,5 millóns de euros para favorecer a optimización de recursos, a redución no consumo de materias primas e o aproveitamento dos residuos
Galicia celebra a próxima semana unha xornada monográfica sobre o Polo Aeroespacial e o V Congreso Internacional Aeronáutico
Organizados pola Administración autonómica e o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG), os eventos celebraranse o luns e o martes no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (Castro de Rei)
A Xunta destaca en Vigo as condicións favorables coas que conta Galicia para ser unha rexión de referencia internacional en hidróxeno verde
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou hoxe en Vigo na inauguración da III Xornada sobre hidróxeno renovable en Galicia
A decisión do Supremo sobre ENCE dálle a razón á Xunta e descarta que o Regulamento de costas poida negarlle a prórroga a concesións anteriores a 1988
Asegura que avala a tese defendida sempre polo Goberno galego de que “é posible” o equibrio entre a preservación do medio ambiente e manter actividades “claves” para a economía galega
A Xunta destaca a posición estratéxica do sector aeroespacial galego e convida ás empresas a sumar capacidades
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe en Rozas (Castro de Rei) nunha xornada para dar a coñecer ás empresas e centros de coñecemento galegos a liña de apoios do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) para proxectos de I+D+i no sector aeronáutico
A Xunta abre o calendario de eventos de 2023 na feira internacional de Galicia Abanca con ‘Expoferr’
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración da Feira profesional de subministracións e ferraxería industrial, protección laboral e maquinaria
A Xunta agarda que a decisión do Tribunal Supremo supoña unha oportunidade para o avance industrial de Galicia
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asegura que é unha boa nova para todos os traballadores e que demostra que industria e preservación do medio ambiente son compatibles
A Xunta convoca a cuarta edición do programa Ignicia para poñer en valor a investigación galega e impulsar a chegada do coñecemento ao mercado
A convocatoria, dotada con preto de 4 millóns de euros, prevé apoiar ao redor de oito proxectos cos que se busca axudar á creación de novas spin-offs e acordos de licenzas de comercialización da tecnoloxía xerada en Galicia
A Xunta e o concello do Corgo comprometen 1 M€ para mellorar a infraestrutura eléctrica que dará servizo ao parque empresarial da localidade e á súa ampliación
A ampliación desta área industrial, que conta cun orzamento estimado que rolda os 9 M€, xa está en tramitación
A Xunta destaca en Ferrol o traballo da empresa Ghenova a prol do naval galego e a súa aposta polo talento e a formación
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou hoxe en Ferrol na inauguración das novas instalacións da compañía, que traballa tamén en outras ramas de actividade como a enerxía, a industria ou as infraestruturas