Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.827 novas da área temática Emprego:

09/07/2025 | 13:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Santiago o papel da Rede de Polos no impulso ao emprendemento sostible

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá na capital galega na mesa redonda `Situación, retos e oportunidades do emprendemento en Compostela´

09/07/2025 | 11:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta sitúase á vangarda da formación para persoas desempregadas cunha orde innovadora que aposta pola flexibilización e o diálogo público-privado

O DOG publica hoxe a nova convocatoria de Accións Formativas para Desempregados, dotada con 50M€ e reformulada por completo no marco da transformación cara a un modelo máis eficaz e aliñado coas necesidades reais do tecido produtivo

08/07/2025 | 15:28 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 36 M€ para a incorporación da mocidade ao agro e a mellora das súas explotacións

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá en Cedeira a explotación de Vanesa Dopico, beneficiaria das axudas dirixidas a agricultores mozos da anterior convocatoria

08/07/2025 | 14:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta a nova edición do programa ´Alento´ para asesorar de balde unha trintena de proxectos emprendedores en márketing e comunicación

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, destacou o rol da Rede de polos de emprendemento, que con 15 oficinas espalladas por toda Galicia apoio integral aos emprendedores e será clave na selección dos proxectos asesorados

08/07/2025 | 13:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Fiscalía de Galicia asinan un convenio de colaboración para reforzar a coordinación institucional fronte á sinistralidade laboral

O obxectivo é mellorar a eficacia na prevención, investigación e actuación nos delitos relacionados coa seguridade e saúde das persoas traballadoras, especialmente no caso de sinistros laborais con resultado de morte ou lesións graves

08/07/2025 | 12:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo salienta o labor de acompañamento e asesoría prestado pola oficina de retorno aos galegos chegados do exterior

O delegado territorial puxo en valor este servizo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, como unha ferramenta esencial para facilitar a integración sociolaboral dos galegos e galegas que deciden regresar á súa terra, ben apostando por un traballo por conta allea ou ben polo emprendemento

06/07/2025 | 09:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a conciliación das persoas autónomas cunha liña específica dotada con 1 M€ no marco da orde unificada de apoios a este colectivo

Trátase dun dos cinco programas enmarcados na convocatoria única para autónomos lanzada por primeira vez este ano cun orzamento global de máis de 40M€, co obxectivo de beneficiar 8.700 traballadores e traballadoras por conta propia

05/07/2025 | 12:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta na celebración do Día do Cooperativismo Galego o potencial da economía social en Galicia e a súa aposta para impulsala

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social e a directora xeral de Formación Profesional, participaron en Rábade no acto conmemorativo do Día do Cooperativismo Galego