Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana avanza que a Xunta prepara un plan estratéxico para o sector da automoción que se presentará nos cen primeiros días da lexislatura
Lembra que a automoción abrangue o 15 por cento do emprego industrial na Comunidade e representa máis do 16 por cento do PIB
A Xunta inicia os traballos para deseñar o Plan director da industria das TIC
O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo unha reunión esta mañá con representantes do Clúster TIC Galicia
Rivo destaca na V Semana Universitaria da Economía Social da USC a aposta da Xunta por un modelo que xera riqueza no territorio e crea emprego inclusivo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, sinalou que a 2ª Estratexia da economía social ten accións a desenvolver deica 2027 aspirando a profesionalizar a economía social e a xerar 4.000 empregos e 400 novas entidades
A Xunta reforza a aposta pola internacionalización cunha nova antena do Igape en Emiratos Árabes
Permitirá identificar oportunidades de negocio, atender a demanda de información e ofrecer servizos de apoio nun mercado en auxe que inclúe outros países do golfo Pérsico como Arabia Saudita, Irán, Kuwait, Omán ou Qatar e que suma 147 millóns de habitantes
Lorenzana reitera o compromiso da Xunta por seguir traballando coordinadamente co tecido empresarial
Asegura que o Goberno galego vai seguir ofrecendo estabilidade e apoio ás empresas galegas
O hotel temático do Banco Azul de Fisterra recibe a certificación de Galicia Calidade
A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou hoxe o establecemento, que coa súa incorporación permite sumar un total de 39 establecementos de hostalería co selo de garantía da Xunta de Galicia no conxunto das preto de 170 empresas certificadas
A Xunta e o concello de Ribeira avalían iniciativas de cooperación para dinamizar a industria no municipio
O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo un encontro co alcalde do municipio coruñés, Luís Pérez, no que se valoraron diferentes actuacións para mellorar a dispoñibilidade de solo empresarial na comarca do Barbanza
Lorenzana aposta polo diálogo cos empresarios para dar resposta ás súas necesidades e fortalecer a economía galega
A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, reuniuse na Coruña con representantes do polígono de Pocomaco, aos que informou das diferentes medidas postas en marcha pola Xunta para impulsar o investimento industrial