Actualidade
Buscador de novas
As oposicións de educación desenvolveranse en 16 localidades a partir do 21 de xuño, con 20.520 aspirantes
O conselleiro de Educación presenta o dispositivo das probas, que estará supervisado por 183 tribunais conformados por 2.562 persoas
A Xunta destaca a capacidade tractora de ‘Vilas Vivas’ para impulsar o comercio local e as sinerxías coa riqueza vitivinícola, cultural ou termal de Ribadavia
A Xunta destinará 590.000€ a unha iniciativa cuxas actividades arrancarán no último trimestre buscando o diálogo cos recursos endóxenos da vila para ofrecer unha experiencia integral ao visitante, contando tamén co potencial mobilizador do AVE
A Xunta e UPTA avanzan na colaboración a prol do tecido autónomo co foco na remuda xeracional, o emprendemento e a formación
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, mantivo unha xuntanza co presidente da entidade, Eduardo Abad
A Xunta salienta a importancia de promover un modelo formativo para o emprego máis flexible e á carta para reforzar a competitividade das empresas familiares
González puxo en valor esta acción formativa promovida polo Club Financeiro de Santiago no marco da ‘Escuela Gallega de Consejeros’ e centrada en áreas como a gobernanza ou a profesionalización dos órganos de decisión
A Xunta e o Concello de Cambados estudan posibles vías de colaboración para potenciar a praza de abastos do municipio
O conselleiro destacou a aposta do Executivo galego para impulsar os mercados de abastos como o mellor escaparate do produto galego de calidade, vencellándoos á contorna na que se integran tal e como reflicte o Plan estratéxico do comercio
A Xunta trae a Lugo a oficina itinerante do programa de emprego xuvenil transfronteirizo ‘Desafíos Jovens’
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que informa sobre intercambios laborais co Norte de Portugal e outros recursos para mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas
A Xunta destaca o papel da muller no emprendemento rural nunha nova xornada no polo de Vilanova de Arousa
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá na xornada do programa Amas da terra organizada co obxectivo de dinamizar o talento feminino e o emprendemento da muller no eido rural