Actualidade
Buscador de novas
A Xunta investirá o próximo ano 17 M€ na área da Coruña en actuacións de vivenda, solo empresarial e urbanismo
Ángeles Vázquez avanza que en 2024 se destinarán 7,9 M€ a reforzar o parque residencial da cidade da Coruña con novas vivendas públicas e protexidas, á rehabilitación dos edificios adquiridos no marco do Rexurbe e á reparación de VPP
A Xunta recibe máis dun cento de solicitudes de axudas para a adquisición de vivendas en centros históricos e vivendas protexidas
Ángeles Vázquez lembra que ambas iniciativas están recollidas no Pacto social pola vivenda 2021-2025, que ten como obxectivo orientar as liñas estratéxicas a seguir en Galicia no eido das políticas residenciais.
Rueda destaca o papel dos arquitectos na construción da Galicia do futuro sen esquecer os elementos que fan recoñecibles á comunidade
Salienta a importancia de que as administracións aposten pola “boa arquitectura” nos edificios públicos que “son a casa” de todos os cidadáns
Rueda vincula a implantación da taxa turística en Santiago ao consenso co sector e a que sexa o concello quen a recade
Asegura que ten que ser unha decisión “moi argumentada” e esixe un estudo rigoroso sobre os fluxos turísticos en Santiago que xustifiquen esta decisión
Xunta e Concello de Toén analizan as liñas de axudas en materia de vivenda ás que pode optar o municipio
Tamén abordaron o interese do Goberno local na creación dun parque empresarial de titularidade municipal, un proxecto para o que o IGVS lle ofreceu o seu asesoramento
A Xunta executou en 2 anos preto do 90% das medidas acordadas no marco do Pacto social pola vivenda e axudou a acceder a un fogar a 9.400 familias
Ángeles Vázquez subliña que as actuacións previstas en materia de solo residencial xa están en marcha e que desde 2021 xa se rehabilitaron máis de 14.400 vivendas