Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.344 novas da área temática Cultura:

29/09/2026 | 13:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta consolida a residencia artística ‘Nortear Ilustrado’ para seguir a fornecer vencellos culturais co norte de Portugal

A iniciativa volve celebrarse na Illa de San Simón, do 6 ao 9 de outubro, coa participación dos creadores galegos Alariko, Emma Ríos e Clara Artiaga e as portuguesas Mar Correia, Cristiana Carvas e Cláudia Martins

29/09/2026 | 12:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta dalle un novo pulo á proxección exterior do teatro galego coa coprodución internacional 'A Gaivota, ensaio aberto'

O Centro Dramático Galego encabeza este proxecto con entidades escénicas de Portugal, Arxentina, Uruguai, Cabo Verde, Noruega e Alemaña, entre outros países, nunha proposta que poderá verse do 1 ao 4 de outubro no Salón Teatro de Santiago

27/09/2026 | 18:04 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude
27/09/2026 | 09:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta inaugurará no Gaiás este outono unha exposición que inclúe preto de 40 obras de arte galega do Museo Nacional Reina Sofía

Ser Noutras establece un diálogo entre artistas galegos pertencentes á colección desta institución e outros creadores contemporáneos que están a realizar 15 obras e instalacións inéditas para este proxecto

26/09/2026 | 10:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta concede sete bolsas de lectorados de lingua en universidades do Brasil, Croacia, España e Portugal

Estas persoas impartirán actividades relacionadas coa docencia, coa difusión e coa promoción do idioma, a cultura e a literatura galega, entre outras

25/09/2026 | 19:05 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca a contribución do galego na riqueza e diversidade cultural europea

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta a proxección da Xunta do noso idioma con bolsas de lectorados en 21 institucións académicas europeas

25/09/2026 | 14:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Santiago acollerá en novembro a Bienal Estatal de Circo co apoio da Xunta

O encontro, co que colabora a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, reunirá na cidade a artistas, compañías, programadores e distribuidores