Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.570 novas da área temática Deporte:

28/09/2026 | 19:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón ao concello de Pontevedra que reconfigure o acordo para investir 3M€ na cidade e inclúa Pasarón

Ante a petición de colaboración do Concello para apoiar a reforma do estadio de fútbol de Pasarón, o Goberno galego ofrece a posibilidade de reconfigurar o acordo polo que 2M€ estaban previstos para a posta en marcha do novo pavillón municipal de Monte Porreiro, e un millón para actuacións de saneamento

28/09/2026 | 16:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial visita o cros escolar de Ribadumia

Ribadumia acolleu un cros escolar no que participaron centos de nenos e nenas de sete centros de Vilagarcía de Arousa, Ribadumia e O Grove

27/09/2026 | 18:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
27/09/2026 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo participa na Carreira da Muller da Coruña que reúne a miles de participantes promovendo hábitos saudables, a igualdade e a solidariedade

A proba, cun percorrido de 6,3 quilómetros, converteu o Paseo Marítimo nunha gran marea rosa e volveu demostrar a capacidade do deporte para reunir persoas de todas as idades

25/09/2026 | 17:35 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo asiste ao Torneo Triangular Solidario de Fútbol 7 feminino organizado pola Garda Civil a favor do Grupo CompostELA

O torneo reuniu seleccións femininas de efectivos da Garda Civil, da Policía Nacional e da Policía Local da Coruña, nunha xornada deportiva e solidaria destinada a contribuír á visibilización e apoio das persoas afectadas pola esclerose lateral amiotrófica (ELA) e das súas familias

24/09/2026 | 18:29 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado da Xunta en Pontevedra da o pistoletazo de saída á tempada de cros escolares

O programa Xogade arrancou esta mañá coa celebración do primeiro cros do curso escolar que tivo lugar no concello de Portas

23/09/2026 | 19:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda participa na inauguración do Mundial de tríatlon que reunirá a 5.400 deportistas de máis de 100 países ata o domingo en Pontevedra

A comunidade recibe á elite dunha disciplina que conta con gran tradición en Galicia e os éxitos internacionais de Iván Raña, Javier Gómez Noya ou Susana Rodríguez Gacio

22/09/2026 | 12:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con preto de 55.000 euros do fondo adicional na mellora da eficiencia enerxética do pavillón polideportivo de Cerdido

A delegada de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as instalacións acompañada do alcalde, Alberto Rey