Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.828 novas da área temática Economía:

02/09/2026 | 16:38 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aposta pola innovación para crear un ecosistema industrial atractivo que permita captar novas empresas e atraer talento

Lembra que a Xunta vén de resolver en agosto as convocatorias de axudas dos programas IA360, Igape Innova e Ticket Innova que concederá case 15 millóns de euros en axudas directas á innovación empresarial a máis de 500 empresas de Galicia

31/08/2026 | 14:49 | C. de Economía e Industria

Lorenzana convida a Thune Eureka a sumarse á iniciativa estratéxica de seguridade, defensa e aeroespazo

Ofrécelle participar na convocatoria dos acordos de asociación; “o instrumento máis potente que ten a estratexia”, di, cun orzamento de 40 M€

31/08/2026 | 13:44 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda cualifica ao sector vitivinícola como estratéxico e confía nunha vendima abondosa e de calidade

Destaca os viños como referentes da Galicia Calidade a nivel nacional e internacional

27/08/2026 | 15:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon a Smart Vitamins como exemplo do potencial do ecosistema startup galego

A directora do Igape, Covadonga Toca, coñece de primeira man a evolución desta empresa innovadora, especializada no desenvolvemento de solucións avanzadas para os ámbitos farmacéutico, sanitario e cosmético

21/08/2026 | 18:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a traxectoria da Feira de Stock do Carballiño e a boa acollida deste tipo de iniciativas de dinamización do comercio de promixidade nas vilas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu á Feira de Stock, impulsada por Carballiño Centro Comercial Aberto co apoio da Xunta e que se celebra desde hoxe ata o 23 de agosto, incluído

20/08/2026 | 13:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén aberto o prazo da convocatoria Industria Dual 2026 para que o sector desenvolva en Galicia produtos, servizos e sistemas tecnolóxicos de aplicación civil e de seguridade, defensa e aeroespazo

As empresas interesadas teñen ata o próximo 4 de setembro para presentarse a esta liña de apoios, no marco da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda), que está dotada cun orzamento de 6 M€

18/08/2026 | 12:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 15 millóns de euros a impulsar a innovación e a competitividade de máis de medio milleiro de empresas galegas

As resolucións das convocatorias IA360, Igape Innova e Ticket Innova reforzan un modelo integral de apoio á innovación, desde os primeiros proxectos ata a aplicación da intelixencia artificial nas empresas