Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras de 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, licitadas por investimento de preto de 10,3 M€
Trátase dun novo edificio que constará de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios e serán fogares accesibles, luminosos e eficientes enerxéticamente
A Xunta adxudica por preto de 4,8 M€ a senda peonil e ciclista ao longo de máis de 14km da estrada PO-325 entre Vigo e Nigrán
A Administración autonómica habilitará este itinerario ao longo da estrada PO-325, desde a contorna de Navia ata a entrada no núcleo urbano de Nigrán
A Xunta adxudica por máis de 205.000 euros as obras de acondicionamento da canella Jorge Ferreiro e da praza da Eiriña, no concello de Xunqueira de Ambía
As actuacións que se acometerán buscan rexenerar e poñer en valor estes viarios, situados na contorna da Colexiata de Santa María a Real e no ámbito de protección do Camiño de Santiago
A Xunta iniciará esta vindeira semana as obras de conservación e reforzo de firme nas autoestradas do Val Miñor (AG-57) e da Coruña-Carballo (AG-55)
Comeza a campaña de mellora de firmes que se realiza de xeito sistemático nesta dúas autoestradas, co obxectivo de garantir a calidade e a seguridade dos pavimentos
A Xunta licita por máis de 410.000 euros as obras de humanización e dotación de infraestruturas na contorna do CEIP Otero Pedrayo, na Laracha
A actuación permitirá mellorar a accesibilidade, seguridade e calidade urbana da contorna escolar e, entre outras intervencións, inclúense a execución dunha senda e beirarrúas, a pavimentación de firmes e a habilitación dun aparcamento de buses
A Xunta recibe 15 ofertas para executar as obras da rolda leste de Ourense, entre Bemposta e a estrada N-525, que suporá un investimento de 12,7 M€
A estrada, de 1,5km, discorrerá polos concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas e os traballos terán un prazo de execución de 30 meses
A Xunta recibe 5 ofertas para as obras de mellora da contorna do Centro de Estancia de Agrelo, no Campo Lameiro, ao abeiro do Plan Hurbe
A actuación, na que colaboran a Xunta e o Concello, completará este equipamento municipal coa urbanización da parcela que rodea o edificio e a habilitación dun acceso peonil e rodado ás instalacións Goberno