Actualidade
Buscador de novas
A Xunta apoia unha nova edición do Nachiños Fest no marco dos Concertos do Xacobeo
A cita, que celebra este ano a súa sétima edición, terá lugar os días 14 e 15 de agosto no Porto de Curuxeiras con artistas como Baiuca, The Rapants ou Puño Dragón
O comisario do Xacobeo 2027 reúnese co delegado do Goberno en Galicia no marco da preparación do vindeiro Ano Santo
Marcos Gómez Román e Pedro Blanco coincidiron na necesidade de manter unha comunicación fluída para afrontar con garantías os retos organizativos, loxísticos e de seguridade do Xacobeo 2027
A Xunta pon en valor o Castelo de Santa Cruz da Guarda para reforzar o atractivo do Camiño Portugués da Costa que medra a un ritmo do 22%
A actuación forma parte dos esforzos do Goberno galego pola rehabilitación de 10 Bens de Interese Turístico de titularidade pública, para o que se destinaron 22,7M€ no marco do Plan Xacobeo Next Generation
Manuel Pardo salienta a programación “participativa ampla, máis inclusiva e espallada por todo o territorio” de ‘O teu Xacobeo’
O delegado da Xunta subliñou que este evento, é un dos 56 proxectos apoiados polo Goberno galego en 2026 a través de ‘O teu Xacobeo’, cun investimento de 1 M€, nesta anualidade, para apoiar propostas culturais, artísticas, patrimoniais, sociais, deportivas e dixitais
A Xunta pon en valor o Camiño de Santiago como símbolo do vencello da mocidade galega do exterior coa súa terra de orixe
O secretario xeral da Emigración acompañou hoxe en Santiago de Compostela as persoas participantes na 36ª edición do programa autonómico Conecta con Galicia no Camiño durante a súa etapa final ata a praza do Obradoiro
O festival Ou Yeah! achega a música de burning ao Carballiño esta fin de semana co apoio da Xunta
O comisario do Xacobeo 2027 participou esta mañá na presentación oficial do evento, que forma parte do programa Concertos do Xacobeo
Unha nova edición do Sonrías Baixas converte Bueu co apoio da Xunta nun dos epicentros musicais do verán
O festival celébrase do 30 de xullo ao 1 de agosto cun cartel que combina grandes nomes do panorama estatal, talento emerxente e unha firme aposta pola diversidade musical
Galicia acollerá a celebración do I Congreso Internacional de Estudos sobre as Peregrinacións do Xacobeo 2027
O encontro reunirá no mes de maio en Santiago a especialistas internacionais para reflexionar sobre o futuro das peregrinacións no marco do Ano Santo
O albergue público de Vigo recibe ao seu peregrino 50.000 e o Camiño da Costa continúa batendo récords
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, recibiron ao camiñante nas instalacións do Berbés