18/02/21 | 22:29 | A Presidencia da Xunta Feijóo traslada a Teresa Ribera a necesidade dunha transición enerxética e ambiental xusta e ordenada que garanta a continuidade de 15.000 empregos de sectores clave para Galicia
“Galicia é unha Comunidade que quere seguir sendo verde, unha comunidade aliada cunha transición enerxética xusta”, di, incidindo na oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation nesta materia, cunha candidatura que agrupa oito proxectos principais, co obxectivo de mobilizar inicialmente máis de 3.300 millóns de euros e crear 30.000 empregos entre directos e indirectos