Actualidade
Diego Calvo asiste ao partido entre o Racing de Ferrol e o Real Club Celta de Vigo 'B' no estadio da Malata
A Xunta apoia a celebración en Lugo de varias citas deportivas de máximo nivel mundial de billar
A World Cup Of Pool, o Spanish Open, o FSR Junior Open e o 31º Campionato Galego de Equipos sucederanse no Pazo de Feiras e Congresos entre o 20 de xuño e o 2 de xullo
A Xunta e o concello da Estrada colaboran na posta en marcha dun módulo cuberto multideporte
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde da Estrada, José López Campos, asinaron o convenio desta infraestrutura, que contará cun investimento de 2 M€, dos que o Goberno galego achega máis de 1 M€
Lete Lasa advirte que o modelo de deporte europeo debe regular a súa función social, educativa, cultural e de saúde
O secretario xeral para o Deporte participou na xornada de hoxe nas ‘Xornadas sobre a Lei do Deporte’ organizadas pola Universidade de Vigo na Facultade de Ciencias da Educación e Deporte
Lete destaca ao Club Fluvial Lugo como pioneiro e fundamental nos grandes éxitos do piragüismo galego
O secretario xeral para o Deporte tamén destacou o alto nivel do club en natación, orientación ou tenis e os preto de 17.000 socios que o converten nun dos clubs máis numerosos de Galicia
Rueda felicita o Mecalia Atlético Guardés pola súa Medalla de Prata na Copa de Europa de balonmán feminino
A Escola de Vela adaptada para persoas con discapacidade física e psíquica do MRCYB é posible un ano máis grazas ao convenio coa Xunta
Nos últimos anos vense ofrecendo tamén a persoas maiores, nenos tutelados e mulleres vítimas de violencia de xénero
Lete Lasa destaca a capitalidade galega no salvamento e socorrismo que neste 2023 acolle seis campionatos de España
O secretario xeral para o Deporte destaca a figuras galegas desta disciplina como Antía García, Eva Feijóo, Gabriel Rodríguez ou Alejandro Chacón
Lete Lasa destaca a preeminencia de Galicia na historia do hóckey español que cumpre cen anos
Destaca que os primeiros estatutos da Federación Galega datan de 1933, polo que neste 2023, o centenario do hóckey español coincide de xeito simultáneo co 90 aniversario do hóckey galego
Diego Calvo asistiu á final masculina da Copa Galicia de fútbol sala celebrada en Noia