Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 648 novas da área temática Deporte:

24/09/2024 | 18:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Pro Junior chega a Galicia por cuarto ano consecutivo cos 200 mellores surfistas xuvenís do mundo

O secretario xeral para o Deporte destaca o gran traballo que se fai no Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Surf e amosou o seu convencemento de que Galicia contará pronto cun surfista olímpico ou olímpica

24/09/2024 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo celebra o éxito dos representantes galegos nos World Skate Games

Tras recibir a semana pasada a Jacobo Copa como campión mundial sub-19 de hóckey sobre patíns, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes felicitou hoxe a César Carballeira e Ignacio Alabart, que se alzaron a fin de semana co título absoluto masculino e a María Sanjurjo, tamén campioa no absoluto feminino

24/09/2024 | 13:41 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa enxalza ao Club Arteal Tenis de Mesa como “un dos mellores equipos, non só de España, senón de toda Europa”

Destaca a calidade de dous dos máximos estandartes do Arteal, Enio Mendes e Humberto Manhani que acadaron os éxitos máis importantes do club, así como Mateo Lois, xogador de trece anos que este ano debutará na Primeira División co filial 

23/09/2024 | 16:49 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue medrando e chega aos 1.335

A paridade de xénero achégase máis ao equilibrio co 40% de mulleres (529) e o 60% de homes (806)

22/09/2024 | 21:27 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/09/2024 | 19:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo participa como piloto nun dos tramos da oitava edición do ‘Eco Rallye A Coruña’

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou a importancia deste evento que reuniu a medio cento de pilotos e que pasará ata o domingo por unha trintena de concellos da provincia coruñesa 

19/09/2024 | 17:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz destaca o “nexo de unión” entre o Náutico de Vigo e a Escola Naval de Marín para promover o turismo e a vela grazas á regata Guardamarina

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo participou na presentación da proba que celebra este ano a súa 31 edición

19/09/2024 | 15:07 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo resalta o importante esforzo do club náutico de Sada pola continua renovación e mellora das súas instalacións e servizos

A delegada da Xunta visitou a entidade que recibiu apoios do Goberno galego, o ano pasado, para o mantemento da marca Q de Calidade Turística e para a mellora da súa fachada

18/09/2024 | 17:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa enxalza os resultados dos 46 olímpicos e paralímpicos en París que continúan a excelente senda de Toquío co apoio da Xunta

Destaca a igualdade nos éxitos -as 11 medallas e 25 diplomas repartíronse con igualdade entre olímpicos e paralímpicos- e na participación -por vez primeira acadouse unha paridade exacta: 23 mulleres e 23 homes-

18/09/2024 | 17:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca a puxanza de Galicia no ciclismo que posibilita que o Europeo de Ciclocrós chegue por vez primeira a España

Lembra que Galicia leva anos copando boa parte das prazas da selección española grazas aos grandes eventos internacionais apoiados como Proxectos de Especial Relevancia pola Xunta