Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 357 novas da área temática Emprego :
21/03/23 | 14:17  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta pon en valor os apoios ao traballo autónomo, á economía social e á xeración de emprego nunha xornada informativa aberta a Pemes e profesionais

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, e o director do Igape, Fernando Guldrís, informaron dos apoios autonómicos á actividade empresarial e para a creación de máis emprego e de calidade

21/03/23 | 11:46  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Promoción do Emprego exporá mañá na Semana da Administración Aberta os apoios autonómicos ao emprendemento e no eido laboral

A participación da Consellería nestas xornadas continuará o venres coa intervención da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, sobre as liñas estratéxicas de traballo da súa área

21/03/23 | 11:37  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta continúa co impulso ao emprego local ao investir 1,5 M€ máis en axudas para a contratación dunhas 500 persoas desempregadas en 180 concellos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria dos apoios dirixidos ás entidades locais para a realización de servizos de interese xeral e social, unha iniciativa que se suma aos programas Aprol Rural e de contratación de persoas perceptoras da Risga que se publicaron o mes pasado no DOG
 

20/03/23 | 14:58  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Xunta e AJE Galicia impulsarán o emprendemento entre a mocidade e promoverán a dinamización do rural con medidas de formación e asesoramento

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou hoxe en Santiago de Compostela un convenio de colaboración co presidente da Asociación de Xoves Empresarios de Galicia, Luciano Covelo

18/03/23 | 12:18  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta celebra o apoio da Comisión Europea á proposta da Consellería de Promoción do Emprego para os 300 traballadores despedidos de Alu Ibérica

O departamento que dirixe María Jesús Lorenzana presentou ao Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) un programa de formación, orientación e asesoramento personalizado para o que solicitou un financiamento do 85 % (1,2 M€)
 

17/03/23 | 15:47  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta inicia a formación de 50 mulleres participantes no programa Medrando xuntas co que impulsa o talento feminino na economía social

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou na primeira das sesións formativas dirixidas a 50 mulleres

17/03/23 | 15:35  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta completa a formación de 136 persoas que desenvolverán traballos de orientación e prospección laboral nas oficinas galegas de emprego

Durante esta semana, o novo persoal actualizou os seus coñecementos normativos e recibiu cualificación para dispensar atención de calidade á cidadanía

17/03/23 | 13:20  | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha os grupos focais como espazos de escoita ao persoal do servizo público de saúde no marco da campaña “Contorno de traballo saudable”

A dirección xeral de Recursos Humanos do Sergas inicia os 33 grupos focais que completarán a información obtida nas enquisas da campaña que se puxo a disposición de todo o persoal do Servizo Galego de Saúde a finais do pasado ano, para avanzar no benestar e saúde laboral

17/03/23 | 13:07  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta creou 58 postos de traballo na comarca de Santiago coas axudas autonómicas do Programa Emega de apoio ao emprendemento e ao emprego feminino

Trenor reuniuse cunha das beneficiarias deste apoios ao que o Goberno galego destina nesta comarca máis de 370.000 euros

14/03/23 | 14:44  | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta subliña que o Programa FSE+ Galicia 21-27 terá como obxectivo facer unha comunidade máis social e inclusiva co emprego como eixe clave de actuación

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou o acto de lanzamento do Programa deste fondo para os vindeiros anos

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: