Actualidade
A Xunta participa en Bruxelas na conferencia anual do pacto das alcaldías, baixo o lema "As cidades na primeira liña fronte á crise enerxética"
A Unión Europea seleccionou recentemente a Galicia como exemplo de coordinación desta iniciativa propoñendo extrapolar o seu modelo a outros países
A Xunta destaca a aposta de Pasek pola minería sustentable
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou hoxe en Cariño no acto de entrega da certificación UNE de xestión de minería sustentable a esta empresa
A Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde celebra o seu primeiro pleno co foco posto na conexión coa meseta
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta mañá nesta reunión na que se constituíron comités executivos que se encargarán de avanzar nos distintos retos: proxectos e infraestruturas, formación e innovación, normativa ou capacidades industriais
Galicia asinará un acordo con Asturias, Cantabria e Castela e León para impulsar a mobilidade e o transporte sustentable no noroeste
Colaborarán na promoción, no impulso e desenvolvemento das infraestruturas necesarias para a mobilidade e o transporte sustentables nas súas principais vías de conexión, garantindo a subministración enerxética, fundamentalmente eléctrica, con hidróxeno ou combustibles alternativos
A Xunta colabora na mellora dos espazos naturais e da eficiencia enerxética do Concello de Nogueira de Ramuín
A directora xeral de Administración Local e o delegado territorial da Xunta en Ourense visitaron a localidade para coñecer as actuacións realizadas no marco do Fondo de Compensación Ambiental, dotado con máis de 11 M€
A Xunta avaliará a solicitude que Ence ten previsto solicitar en breve para tramitar a planta das Pontes como proxecto industrial estratéxico
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala que esta figura permite a redución de prazos, incluíndo a concesión da licenza de obra
Rueda anuncia que a Xunta estuda a fórmula para crear un canon que grave as liñas de evacuación da eólica mariña
Defende este gravame dentro da nova lei de recursos naturais, que comezou hoxe a súa tramitación no Consello do Goberno galego
A Xunta promove a innovación entre as empresas dos sectores mineiro, enerxético e da construción para facer fronte aos retos actuais
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron esta mañá nun encontro con axentes dos tres sectores para informar sobre as liñas de apoio da Administración autonómica á I+D+i
Rueda anuncia unha lei para que os beneficios do aproveitamento dos recursos naturais galegos se reinvistan en Galicia
O Consello da Xunta ten previsto dar este xoves o primeiro paso para a tramitación da normativa sobre a que se sentarán as bases para a futura creación dunha sociedade público-privada
A Xunta anuncia unha nova liña de axudas a concellos de menos de 30.000 habitantes para mellorar a eficiencia enerxética das súas instalacións municipais
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, participou xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, nun webinario con representantes de entidades locais para explicarlles as liñas de axudas que teñen este ano á súa disposición