Actualidade
A Xunta destaca en Madrid a aposta de Galicia por consolidar unha nova industria sustentable e innovadora
A Xunta avanza no Polo Aeroespacial de Galicia e impulsará a compra privada de innovación na que pemes e centros tecnolóxicos galegos darán resposta aos retos de empresas tractoras do sector
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nun encontro en Madrid no que se presentaron os programas de I+D dos novos socios estratéxicos do Polo Aeroespacial de Galicia: Airbus, Avincis e Telespazio
A Xunta completa a nova área de radioloxía do CHUF e inicia o proceso de redacción da fase final do complexo
O espazo para radiodiagnóstico chega aos 2.200 m2, case duplicando a superficie anterior, e incorpora equipos por 5,5 millóns de euros que inclúen unha segunda resonancia magnética e TACs e ecógrafos renovados
A Xunta salienta que o recoñecemento europeo aos hubs de innovación dixital estratéxicos de Galicia facilitará a transformación das pemes galegas
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou a contribución destes instrumentos á internacionalización da I+D+i galega e ao acceso do tecido empresarial a recursos da contorna europea
A Xunta achega ás empresas coruñesas as ferramentas ao seu dispor para impulsar novos investimentos
A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou nun almorzo organizado por Nordés Club Empresarial no que explicou o funcionamento da Oficina Galicia Empresa, a través da cal se ofrece orientación e asesoramento aos proxectos
Rueda asegura para Galicia unha posición privilexiada nun futuro marcado polo coñecemento e a innovación
Salienta que na fase de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) participaron máis de 800 representantes de 500 axentes diferentes, que incluíron empresas, centros de coñecemento e tecnolóxicos e administracións
A Xunta abrirá en Vigo este ano un dos polos da rede autonómica de emprendemento e apoio ao emprego
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacaron hoxe a importancia de que Vigo albergue unha destas oficinas por ser unha cidade estratéxica para toda Galicia
A Xunta destaca que o centro de investigación empresarial de Mestrelab sitúa a Marca Galicia como referente internacional en biotecnoloxía
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Santiago de Compostela as novas instalacións
A Xunta estuda vías de colaboración para desenvolver iniciativas en materia de economía circular co Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial
Sagrario Pérez mostrou especial interese pola investigación que realiza sobre materiais de construción sostibles, como, por exemplo, o desenvolvemento de novas formulacións a partir de residuos, biomateriais ou refugallos da construción
A Xunta avaliará a solicitude que Ence ten previsto solicitar en breve para tramitar a planta das Pontes como proxecto industrial estratéxico
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala que esta figura permite a redución de prazos, incluíndo a concesión da licenza de obra