09/12/19 | 19:06 | A Presidencia da Xunta Feijóo avanza que as axudas da nova convocatoria para as vítimas de violencia de xénero que precisan respaldo económico durante un tempo serán as máis elevadas desde a súa creación en 2007
Asevera que na loita contra a violencia de xénero, lonxe de haber resignación, hai unha sociedade en pé coas armas da lei, da prevención, da axuda e da solidariedade