18/01/21 | 21:57 | C. de Sanidade O comité propón subir ao nivel máximo de restricións a 55 concellos máis, entre eles Vigo e Pontevedra
Dos municipios con novas restricións 11 están na área sanitaria da Coruña e Cee; 3 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 5 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 6 na de Pontevedra e O Salnés; 11 na de Vigo; 10 na de Santiago de Compostela e Barbanza e 9 na de Ferrol