Actualidade
A Xunta adxudica por case 159.000 € o proxecto para construír 18 vivendas públicas en San Paio de Navia
A Xunta licita por máis de 530.000 € a redacción dos proxectos e a dirección de obra para a construción de 66 vivendas de promoción pública en Ourense
As vivendas edificaranse nas parcelas adquiridas o pasado decembro polo Instituto Galego da Vivenda e Solo á Sareb, cun investimento total previsto de ao redor de 12 M€
Galicia contará con máis medidas de protección aos propietarios de inmobles afectados pola ocupación ilegal
Rueda indica que se vai elaborar unha guía informativa actualizada e detallada, en base ás novas medidas establecidas pola próxima Lei de vivenda, co obxectivo de darlles garantías ante as incertezas da nova norma estatal
Amplíase en case 3 M€ os fondos do Bono alugueiro social, que contará cun orzamento de 18,6 M€ ata 2026 para axudar a colectivos vulnerables
Salienta que grazas a este incremento se estima que poderán acceder á prestación ao redor de 300 persoas, a maiores das que se beneficiaron dela ata o momento
A Xunta licita por máis de 200.000 € a redacción do proxecto para construír 20 vivendas de promoción pública no concello de Mos
Rueda anuncia que a Xunta destinará este ano case 33 M€ a impulsar medidas de eficiencia enerxética en colaboración cos concellos galegos
Destaca que o obxectivo é apoiar melloras en máis de 4.700 vivendas de 54 barrios para reducir o consumo e facer as vivendas máis confortables
O programa da Xunta de avais para a compra de vivenda por menores de 36 anos conta cun orzamento de 5 M€
A axuda poderá solicitarse ata o vindeiro 30 de novembro e vai dirixida a apoiar a mozos galegos na adquisición da súa primeira vivenda e cuxos ingresos non superen os 46.200 €
A Xunta remite aos concellos os convenios do programa de barrios que permitirán convocar axudas por case 33 M€ para rehabilitar edificios e vivendas
A convocatoria de 2022, financiada exclusivamente con fondos europeos, pechouse en Galicia con 28 entidades locais beneficiarias, que deberán subscribir agora un acordo co IGVS e o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana
A Xunta convocará este ano 24 programas e axudas en materia de vivenda cun orzamento de máis de 140 M€
Ángeles Vázquez expón ante o pleno as principais liñas de acción da Consellería para facilitar o acceso dos galegos a un fogar e lembra que grazas á Estratexia de vivenda pública e protexida Galicia reforzará nun 50 % o seu actual parque público residencial
A Xunta e o sector inmobiliario analizan a nova lei estatal polo dereito á vivenda
Ángeles Vázquez insiste en pedir ao Goberno central a convocatoria urxente da Conferencia Sectorial de Vivenda e Solo