Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 154 novas da área temática Xacobeo :
20/05/22 | 19:03  | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta achega a Vigo a beleza e a historia do Camiño Portugués a través dunha exposición con imaxes de 42 fotógrafos do último século e medio

Tras congregar máis de de 21.000 visitantes na Cidade da Cultura de Galicia, ‘O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra’ poderá visitarse no Museo do Mar de Galicia ata o vindeiro 4 de setembro dentro do programa de itinerancias

20/05/22 | 15:55  | A Presidencia da Xunta

Fernández-Tapias destaca a dimensión internacional da alianza do Xacobeo e a 52 Super Series Baiona Sailing Week

O Monte Real Club de Yates acollerá aos nove equipos que debutarán na contorna do Parque Nacional das Illas Cíes na que está considerada unha das competicións máis importantes do mundo xunto á Copa América e a Volvo Ocean Race

A representante autonómica emprazou ás tripulacións participantes a converterse en embaixadoras do Camiño e a riqueza de Galicia nos seus países de orixe

20/05/22 | 11:25  | A Presidencia da Xunta

A sinalización do Camiño Portugués suma xa preto de 300 establecementos ao seu paso pola cidade de Vigo

Marta Fernández-Tapias participou este venres na instalación da sinalética oficial en comercios tras recibir 107 novas peticións para participar na iniciativa

18/05/22 | 16:46  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta participa na posta en valor do Camiño de Inverno cunha intervención artística nunha alvariza

Este proxecto, que se desenvolverá entre o 23 de maio e o 3 de xuño, abordará a pegada da ruta xacobea na contorna do municipio de Quiroga cunha proposta artística da artista Lucía Loren, onde as alvarizas se interpretan como vestixios do patrimonio material e inmaterial

14/05/22 | 15:19  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Un grupo de 250 peregrinos da provincia de Lugo completan o seu camiño a Santiago de Compostela

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu hoxe na Praza do Obradoiro aos peregrinos e destacou o auxe do Camiño con máis de 60.000 Compostelas no que vai de ano

13/05/22 | 20:00  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o festival “Cocidos do Camiño” polo seu potencial para promocionar a nivel internacional a gastronomía galega vinculada ás Rutas Xacobeas

A directora de Turismo, Nava Castro, participou xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, na inauguración da iniciativa, que conta con propostas gastronómicas relacionadas coa exaltación deste produto, culturais e de promoción do Camiño de Santiago

13/05/22 | 11:16  | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A presidenta da Axencia Magnum, Olivia Arthur, ofrece un obradoiro de fotografía no Museo das Peregrinacións e de Santiago a vindeira semana

A actividade, que se complementa cunha conferencia os días 20 e 21 no marco das celebracións do Día Internacional dos Museos, así como da chegada a Compostela da mostra itinerante da Xunta e a Fundación “la Caixa” ‘Percorrer o tempo’

11/05/22 | 15:10  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta resalta o éxito da iniciativa do Escape Room para difundir as rutas e os valores xacobeos

A directora de Turismo, Nava Castro, presentou hoxe no albergue de peregrinos de Samos xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o xogo de escapismo, que acollerá varias sesións da segunda fase desta iniciativa

10/05/22 | 19:28  | C. do Mar

Rosa Quintana anima a todos os navegantes a peregrinar a Santiago por mar e coñecer Galicia dun xeito especial facendo a Travesía Náutica Xacobea 2022

A titular de Mar en funcións salienta os atractivos dunha iniciativa que emula a chegada dos restos do apóstolo a terras galegas a bordo da lendaria barca de pedra

10/05/22 | 15:14  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invita os mozos galegos a facer o Camiño e reafirmar o compromiso cos valores que representa, que son os valores de Europa

O vicepresidente primeiro en funcións, Alfonso Rueda, recibiu no Obradoiro a profesores e alumnos do colexio Cristo Rey de Ferrol, que fixeron por etapas o Camiño Inglés como colofón da súa participación no proxecto “O Teu Xacobeo”

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: