Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12332

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (532/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento demanda 532/2009, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte de febreiro de dous mil doce.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 532/2009 seguidos por instancia de Josefa Fraguio Vázquez, representada polo seu letrado Sr. Pousa Merens, contra a empresa La Chalota, S.L. e José Torres González, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Josefa Fraguio Vázquez, representada polo seu letrado Sr. Pousa Merens, contra a empresa La Chalota, S.L. e José Torres González en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 4.961,75 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria derivada do artigo 33 ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa La Chalota, S.L. e José Torres González, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial