Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 9 de abril de 2012 Páx. 12331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (597/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 597/09, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña o vinte de febreiro de dous mil doce.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 597/2009 seguidos por instancia de Emilia Louro Vento, representada pola letrada Sra. Martínez Alvedro, contra a empresa Parrillada Chapa Churrasco, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Emilia Louro Vento, representada pola letrada Sra. Martínez Alvedro, contra a empresa Parrillada Chapa Churrasco, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 3.933,24 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que lle puidese corresponder nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Parrillada Chapa Churrasco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial