Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3505

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (126/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 126/2011, por instancia de Isolino Lavandeira Martínez contra a empresa Carpintería de Aluminio J.F., S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 10.1.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión:

Estímase a demanda interposta por Isolino Lavandeira Martínez contra Carpintería de Aluminio J.F., S.L. e, en consecuencia:

Condénase a empresa Carpintería de Aluminio J.F., S.L. a aboar ao demandante a cantidade de dous mil cento doce euros con sesenta e cinco céntimos (2.112,65 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Carpintería de Aluminio J.F., S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial
Rubricado