Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Mércores, 6 de febreiro de 2013 Páx. 3506

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (217/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 217/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Xan Varela Carballeira contra a empresa Xertigan, Sociedade Cooperativa Galega, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Acórdase o embargo de bens propiedade de executado Xertigan, Sociedade Cooperativa Galega, ata cubrir o importe da suma reclamada que ascende a 31.577,98 euros de principal máis 423,78 euros de recarga de demora e 6.400 euros orzados para xuros e custas.

Predio 6213: terreo urbano non edificado, sito no polígono industrial de Xermade, Lugo, denominado Monte Egueo, parcela número 9 de superficie 690 metros cadrados. Linda: dereita, parcela 16; esquerda, vía; fondo, parcela número 10, e fronte, vía. Inscrito no tomo 403, libro 36, folio 218, alta 3, do Rexistro da Propiedade de Vilalba.

Predio 6214: referencia catastral número 6213915NJ9051N0001RY, terreo urbano non edificado, sito no polígono industrial de Xermade, s/n, denominado Monte Egueo, parcela 10 de superficie 700 metros cadrados. Linda: dereita, parcela 9 de Xertigán, S.C.G.; esquerda, parcela 16 de Xardinor, S.L.; fondo, zona verde, e fronte, vía. Inscrito no tomo 403, libro 36, folio 219, alta 3, do Rexistro da Propiedade Vilaba.

Predio 6669: referencia catastral número 27021A07600067000QQ, natureza do predio nave industrial, lugar de Momán, código postal 27835, de superficie 5.250 metros cadrados, superficie construída 1.440 metros cadrados, superficie ocupada 1.200 metros cadrados. Linda: norte, Cayetano Fernández Prieto; sur, resto do terreo dos irmáns Loureiro Rodríguez; leste, estrada en liña de cincuenta metros, e oeste, resto do terreo dos irmáns Loureiro Rodríguez. Neste terreo construíronse as seguintes edificacións:

1. Nave industrial situada á fronte do terreo, de planta baixa e alta, cunha superficie total construída de oitocentos corenta metros cadrados e ocupa seiscentos metros cadrados.

2. Nave industrial situada na parte posterior do terreo, de planta baixa cunha superficie total construída de seiscentos metros cadrados e ocupa seiscentos metros cadrados. Ambas as naves lindan por todos os seus ventos co resto de terreo sen edificar.

Predio número 6835: predio catastral número 27021A076000670000QQ, natureza predio rústico, pasteiro, lugar de Momán, parcela 67, nome Cobos, código postal 27833, de 88 áreas e 30 centiáreas. Linda: norte, Cayetano Fernández Prieto e Xertiriz, Sociedade Cooperativa Galega; sur, Jesús Cayetano Loureiro Rodríguez; leste, estrada de Momán á Parta e Xertiriz, Sociedade Cooperativa Galega, e oeste, Jesús Cayetano Loureiro Rodríguez e José Paz Carballeira ante Carmen Carballeira Grueiro. Inscrita no tomo 460, libro 41, folio 63, alta 3, do Rexistro da Propiedade de Vilalba».

E para que sirva de notificación en legal forma a Xertigan, Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 17 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial