Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17396

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 29 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG núm. 89, do 10 de maio de 2013, cómpre facer as oportunas correccións:

– Na páxina 15470, artigo 12, parágrafo terceiro, onde di: «O prazo para resolver e notificar a resolución de concesión das subvencións será de 9 meses …», debe dicir: «O prazo para resolver e notificar a resolución de concesión das subvencións será de 5 meses …».

– Na páxina 15486, artigo 10, parágrafo segundo, onde di: «O prazo máximo para resolver e notificar a resolución as entidades interesadas será de 6 meses contados …», debe dicir: «O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concesión ás entidades interesadas será de 5 meses …».