Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 14909

I. Disposicións xerais

Consellería de Facenda

ORDE do 25 de marzo de 2014 sobre os libros-rexistro e o deber de información dos mediadores de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 6/1999, do 6 de abril, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia, establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia de desenvolvemento lexislativo e execución en materia de ordenación do crédito, banca e seguros. En aplicación da citada lei orgánica, polo Real decreto 1748/1999, do 19 de novembro, transferíronse á comunidade autónoma as funcións e servizos da Administración do Estado en materia de mediadores de seguros.

No exercicio das referidas competencias publicáronse a Orde do 18 de xullo de 2000 pola que se crea o Rexistro de Corredores de Seguros, de Sociedades de Corredoría de Seguros e dos seus Altos Cargos e o Rexistro de Diplomas de Mediador de Seguros Titulado; o Decreto 118/2001, do 10 de maio, polo que se regulan as competencias da comunidade autónoma en materia de mediación en seguros privados e a Orde do 17 de xuño de 2005 sobre os libros-rexistro e o deber de información estatístico-contable dos corredores de seguros e as sociedades de corredoría de seguros. A normativa estatal na materia estaba recollida na Lei 9/1992, do 30 de abril, de mediación en seguros privados e no Real decreto 301/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan os libros-rexistro e o deber de información estatístico-contable dos corredores de seguros e as sociedades de corredoría de seguros.

A Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados, derrogou a anterior Lei 9/1992 e obrigou á elaboración do novo Decreto 298/2008, do 18 de decembro, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de mediación de seguros e reaseguros privados, co obxecto de recoller os cambios introducidos pola nova lei estatal, substituíndo o anterior Decreto 118/2001.

Na disposición derradeira primeira do mencionado Decreto 298/2008, facúltase o conselleiro competente en materia de economía para regular a información que deban remitir á dirección xeral con competencias en materia de supervisión de seguros aos mediadores de seguros e reaseguros inscritos no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia. Con base nesas competencias, publicáronse a Orde do 10 de febreiro de 2009 sobre os libros-rexistro e o deber de información das/os mediadoras/es de seguros e reaseguros privados e a Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se regula o rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos, derrogando as ordes do 18 de xullo de 2000 e do 17 de xuño de 2005.

Con posterioridade, o Real decreto 764/2010, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a citada Lei 26/2006, do 17 de xullo, en materia de información estatístico-contable e do negocio, e de competencia profesional, derroga o Real decreto 301/2004, ampliando as obrigas de información e en materia contable e rexistral dos mediadores de seguros inscritos nos rexistros administrativos, tendo a consideración de lexislación básica ao abeiro do disposto na súa disposición derradeira primeira.

A publicación desta norma fixo necesaria a ampliación da información estatístico-contable a subministrar polos mediadores de seguros e reaseguros inscritos no rexistro autonómico polo que, de acordo coa habilitación de desenvolvemento establecida na disposición derradeira da Orde do 10 de febreiro de 2009, se modificaron os modelos de información contidos nos anexos desta orde a través da Resolución do 18 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

No tempo en que se levan aplicando as disposicións recollidas na orde e a información que se facilita a través dos modelos publicados na citada resolución, fóronse detectando unha serie de necesidades de adaptación que obrigan a modificación da Orde do 10 de febreiro de 2009.

En primeiro lugar, o desfase actual entre o prazo de remisión e o exercicio natural ao que se refire a información fai necesario anticipar a data límite de envío da documentación estatístico-contable polos mediadores de seguros inscritos no rexistro autonómico, para os efectos de obtención de datos do sector da mediación no primeiro semestre de cada ano.

Por outra parte, preténdese incorporar á orde os modelos de información que se publicaron coa Resolución do 18 de abril de 2011, engadíndolle as adaptacións que xa figuran na aplicación informática habilitada para o efecto.

Por último cómpre tamén recoller nesta nova orde as modificacións normativas que afectan a materia efectuadas principalmente pola Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable e polo citado Real decreto 764/2010, do 11 de xuño.

Por todo o anterior, de acordo coa habilitación de desenvolvemento establecida na disposición derradeira primeira do mencionado Decreto 298/2008, do 18 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Libros-rexistro

Os corredores de seguros e reaseguros inscritos no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, creado polo Decreto 298/2008, do 18 de decembro, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de mediación de seguros e reaseguros privados, deberán levar os libros-rexistro, conforme o establecido no Real decreto 764/2010, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados en materia de información estatístico-contable e do negocio, e de competencia profesional.

Artigo 2. Obrigas contables e de información dos corredores de seguros e reaseguros e dos axentes e operadores de banca-seguros vinculados

De conformidade co establecido no artigo 48 da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados e no citado Real decreto 764/2010, do 11 de xuño, os corredores de seguros e reaseguros e os axentes e operadores de banca-seguros vinculados, inscritos no Rexistro administrativo especial de mediadores de seguros, corredores de reaseguros e dos seus altos cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, deberán remitir á dirección xeral con competencias en materia de supervisión de seguros a información contida nos anexos I e II desta orde.

Artigo 3. Órgano competente

As referencias que no Real decreto 764/2010 se fan ao Ministerio de Economía e Facenda e á Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, entenderanse feitas respectivamente á consellería e ao órgano con competencias en materia de supervisión de seguros, para os mediadores de seguros e reaseguros inscritos no rexistro autonómico.

Artigo 4. Presentación da información

A presentación da  información  realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos modelos de información  accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A remisión á dirección xeral con competencias en materia de supervisión de seguros da información contida nos anexos da presente orde, deberá facerse como data límite, o 30 de abril do ano seguinte ao que a información se refire. As instrucións para cubrir os diferentes modelos. Serán publicados pola citada dirección xeral a través da páxina web da consellería competente en materia de supervisión de seguros.

Disposición transitoria

Non obstante o disposto no artigo 4, e con efectos unicamente para a información referida ao exercicio 2013, a data límite de remisión da información contida nos anexos da presente orde será o 31 de xullo de 2014.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto nesta orde e, expresamente, as seguintes:

– Orde do 10 de febreiro de 2009, sobre os libros-rexistro e o deber de información das/os mediadoras/es de seguros e reaseguros privados na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Resolución do 18 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se aproban os modelos de información das/os mediadores de seguros e reaseguros privados da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde

Facúltase o titular do órgano con competencias en materia de supervisión de seguros para adoptar todos os actos e medidas que sexan necesarios para o desenvolvemento e execución da presente orde e, en particular, para realizar as modificacións que procedan nos modelos que compoñen a documentación anual que figuran nos anexos desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO I
Documentación estatístico-contable anual dos
corredores de seguros e reaseguros

Modelos que compoñen a documentación estatístico-contable anual

Modelo 0/PF: Declaración do corredor de seguros e reaseguros, persoa física.

Modelo 0/PX: Declaración do representante legal do corredor de seguros e reaseguros, persoa xurídica.

Modelo 1: Estrutura da organización.

Modelo 2.1: Carteira de seguros intermediada. Distribución.

Modelo 2.2: Carteira de reaseguros intermediada. Distribución.

Modelo 3: Carteira de seguros/reaseguros intermediada. Distribución en ramos de non vida.

Modelo 4: Carteira de seguros/reaseguros intermediada. Distribución en ramos de vida.

Modelo 5.1: Datos contables do corredor de seguros e reaseguros, persoa física.

Modelo 5.2: Datos contables do corredor de seguros e reaseguros, persoa xurídica: conta de perdas e ganancias.

Modelo 5.3: Datos contables do corredor de seguros e reaseguros, persoa xurídica: balance.

ANEXO II
Documentación estatístico-contable anual dos axentes de seguros
vinculados e dos operadores de banca-seguros vinculados

Modelos que compoñen a documentación estatístico-contable anual

Modelo 0/AF: Declaración do axente de seguros vinculado, persoa física.

Modelo 0/AX: Declaración do representante legal do axente de seguros vinculado, persoa xurídica.

Modelo 0/OBS: Declaración do representante legal do operador de banca-seguros vinculado.

Modelo 1/AV: Estrutura da organización.

Modelo 1/OBS: Estrutura da organización: operador de banca-seguros vinculado.

Modelo 2/AV: Carteira de seguros intermediada. Distribución.

Modelo 3/AV: Carteira de seguros intermediada. Distribución en ramos de non vida.

Modelo 4/AV: Carteira de seguros intermediada. Distribución en ramos de vida.

Modelo 5/AV: Datos contables.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file