Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21215

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Administradores de Predios de Galicia

ACORDO de creación de ficheiros do Colexio Oficial de Administradores de Predios de Galicia.

Acordo interno aprobado polo pleno do Colexio Oficial de Administradores de Predios de Galicia en sesión celebrada no día do 20 de febreiro de 2015, en virtude da cal se aproba a creación dos ficheiros de titularidade pública de datos de carácter persoal do Colexio Oficial de Administradores de Predios de Galicia.

A existencia de ficheiros con datos de carácter persoal e os avances tecnolóxicos, particularmente os informáticos, supuxeron un incremento nas intromisións na esfera dos dereitos á intimidade e privacidade das persoas. Estas intromisións non só veñen a non manifestarse por medio de limitacións aos dereitos mencionados senón que ata supoñen en ocasións verdadeiras vulneracions deles. Como consecuencia diso, o ordeamento xurídico establece diversos mecanismos para a protección destes dereitos. Así, a Constitución española, recoñece no seu artigo 18 o dereito fundamental á honra, a intimidade persoal e familiar e á propia imaxe e establece no seu punto cuarto que a lei limitará o uso da informática para garantir á honra, á intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional, por medio das súas sentenzas 290/2000 e 292/2000, veu interpretando este artigo como unha vía para outorgar á protección de datos de carácter persoal a consideración de dereito fundamental. Este dereito foi considerado pola doutrina como «dereito á autodeterminación informativa» ou «dereito ao acto disposición das informacións persoais», que cando se refire ao tratamento automatizado de datos, se inclúe no concepto máis amplo de liberdade informativa.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, establece un conxunto de medidas para garantir e protexer este dereito fundamental. En virtude dela, a creación, modificación ou supresión de ficheiros de datos de carácter persoal é responsabilidade das administracións públicas. Concretamente, o seu artigo 20 establece a creación, modificación ou supresión destes ficheiros para o caso das entidades públicas, únicamente poderá realizarse por disposición de carácter xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou no diario oficial correspondente.

Polo presente acordo procédese a:

Primeiro. Creación

Procédese á creación dos ficheiros de carácter persoal sinalados no anexo I.

Segundo. Medidas de seguridade

Os ficheiros creados polo presente acordo cumpren coas medidas de seguridade establecidas pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e polo Real decreto 1720/2007, polo cal se aproba unha normativa de desenvolvemento reglamentario da mencionada lei.

Terceiro. Publicación

De acordo co artigo 20 da LOPD, acórdase a publicación do presente acordo no diario oficial correspondente.

Cuarto. Entrada en vigor

O presente acordo entrará en vigor ó día seguinte na súa publicación no diario oficial correspondente.

A Coruña, 8 de maio de 2015

Martín Bermúdez de la Puente González del Valle Antonio Carlos López López
Presidente do Colexio Oficial Secretario do Colexio Oficial
de Administradores de Predios de Administradores de Predios
de Galicia de Galicia

ANEXO I

Os ficheiros que se crean mediante o presente acordo e as súas respectivas descricións, son os seguintes:

1 .Ficheiro colexiados.

Responsable do ficheiro: Colexio Oficial de Administradores de Predios de Galicia.

Finalidade e usos: ficheiro automatizado con datos de carácter persoal de colexiados.

Persoas ou colectivos afectados: colexiados. 

Procedencia dos datos: do propio interesado ou do seu representante legal.

Procedemento de recolleita de datos: formularios destinados para o efecto.

Estrutura do ficheiro e datos incluídos: nome e apelidos, domicilio, NIF, teléfono, número de conta corrente, detalles de ocupación e académicos, número de colexiado, información sobre sancións administrativas e penais.

Cesións previstas: empresas colaboradoras do Colexio e Consello Xeral dos Colexios Oficiais de Administradores de Predios de España.

Transferencias internacionais: non se prevén.

Exercicio de dereitos: r/ Juan Flórez, 49, 2º dta., 15004 A Coruña.

Nivel de seguridade: medio.

Sistema de tratamento: mixto ou parcialmente automatizado.

Medidas de seguridade: descritas no documento de seguridade.