Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Martes, 10 de novembro de 2015 Páx. 42712

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1129/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 1129/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Rial Martínez contra a empresa Proconser Más Uno, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Diego Rial Martínez contra Proconser más Uno, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Proconser Más Uno, S.L. a que lle aboe ao demandante ao cantidade de 4.003,04 euros brutos e 1.453,48 euros líquidos polos salarios devindicados durante a súa relación laboral, incrementada co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 253,78 euros por indemnización por fin de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para sirva de notificación en legal forma á empresa Proconser Más Uno, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto, para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de outubro de 2015

A secretaria xudicial