Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12179

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de marzo de 2016 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia. En virtude diso, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

Segundo. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Alicerces: Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX: 11 €.

Clearblueskydeepdarkwater: Graham Gussin. Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela 28 xuño/13 outubro 2013: 30 €.